Skip to Content

MAGOSTO 2019/20

O venres, 8 de novembro, o IES Otero Pedrayo celebrou unha das festas populares ourensás por excelencia: O MAGOSTO. Xogos populares, música tradicional, castañas asadas e unha exquisita repostería presentada no II Concurso de sobremesas de outono

PLANS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019/20

O IES Otero Pedrayo está de noraboa!

Por un lado, este curso volveremos contar no noso centro con cinco Plans de Innovación Educativa: 365 días de igualdade e conviviencia, Proxecto Terra, Proxecto Ríos, Proxecto Educativo de centro e Horto escolar.

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIARIA

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIARIA. FACTORES DE RISCO NA MOCIDADE: ALCOL E DROGAS.

PREMIO EXTRAORDINARIO SECUNDARIA OBLIGATORIA

O noso alumno Adrián Vázquez Velasco ven de recibir o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19 acandando unha das puntuacións máis altas de toda Galicia. PARABÉNS

CIENCIA E TECNOLOXÍA EN FEMININO

O alumnado de 2º da ESO participou esta semana na xornada organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”. 

O principal obxectivo é impulsar as vocacións científicas entre as rapazas, contribuíndo así a romper a fenda de xénero nos estudos de ciencia e tecnoloxía. No Otero Pedrayo queremos contribuír a un sistema de I+ D+ I máis igualitario, no que se poida desenvolver o talento á marxe do xénero.

O noso alumnado puido visitar, nesta xornada, a exposición “Mujeres que cambiaron el mundo”, asistir a unha ponencia coa mesma temática e participar en diferentes talleres: “Escape room: mundos químicos” e “Propostas de solución innovadoras e retos sociais”.

A actividade foi todo un éxito e os nosos rapaces e rapazas viñeron encantados e encantadas.

Se queres ver mais fotos relacionadas con esta actividade, accede ao noso banco de imaxes,fai clic aquí.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE. 

 

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

 

 

Hoxe, venres 18 de outubro, o alumnado de 1º da ESO do Otero Pedrayo desprazouse ata Santiago de Compostela para visitar o Parlamento e a Xunta de Galicia. Coñecer as nosas institucións é fundamental para o impulso dos valores democráticos. 

Alí foron saudados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o conselleiro de presidencia Alfonso Rueda. Tamén tiveron ocasión de coñecer a dous dos atletas galegos de maior proxección na actualidade: Ana  Peleteiro e Adrián Ben, que participan na campaña da Xunta a favor da igualdade e en contra da violencia machista. 

Foi, desde logo, unha visita ben, ben interesante!

Se queres ver mais fotos relacionadas con esta actividade, accede ao noso banco de imaxes,fai clic aquí.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO: NORABOA FERNANDO

Fernando Apolinar Rodríguez, alumno do IES Otero Pedrayo, foi un dos vinte galardoados nos premios extraordinarios de Bacharelato 2018/ 2019 que a Consellería de Educación concede, Mil parabéns, Fernando! Foi un luxo para o Otero contar cun alumno coma ti. Parabéns, tamén, ao resto dos galardoados

LIBROS DEL FONDO DEL AMPA

 No documento adxunto atópanse as instrucións para a entrega dos libros do fondo do  ANPA aos seus socios.

INFORMACIÓN FONDO LIBROS XUNTA SETEMBRO

Pódense consultar no arquivo adxunto as datas para a devolución e a recollida de libros de texto da Xunta.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA ANPA (MATERIAS PENDENTES DE SETEMBRO)

DÍA 5 DE SETEMBRO DE 2019: DE 10:30 A 12:00 H. NA AULA 5

*NO CASO DE NON DEVOLVER OS LIBROS DO CURSO 2018/19 NON SE PODERÁN LEVAR OS LIBROS PARA O CURSO 2019/20 QUE SE ENTREGARÁN EN SETEMBRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut