Skip to Content

ACTIVIDADES SEMANA DO 9 AO 13 DE MARZO

ENTROIDO INTERXENERACIONAL: CENTRO DE DÍA A FARIXA - IES OTERO PEDRAYO

Entroido Interxeracional: Centro de día A Farixa- Otero Pedrayo! Este ano vivimos no Otero o Entroido con máis valores, o máis inclusivo, o de todxs e con todxs, o máis entrañable... e o máis divertido! Grazas ao noso programa Inclúe-T, este curso forma parte da familia do Otero Pedrayo "a mocidade" do Centro de día A Farixa. Canto aprendemos delxs! Que experiencia máis bonita para o noso alumnado e profesorado! Grazas. De corazón

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

A MULLER EN PROFESIÓNS TRADICIONALMENTE MASCULINAS

Dentro do Plan de Igualdade, no IES Otero Pedrayo seguimos adiante co noso ciclo de conferencias centrado en diferentes ámbitos da muller. Se o mes pasado analizabamos o papel da muller no deporte de élite, nesta ocasión as protagonistas son mulleres con profesións tradicionalmente masculinas, como o exército, a mecánica ou o mundo do transporte. O obxectivo é visibilizar e normalizar a presenza da muller en calquera sector.

 

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Comezamos a celebración coa lectura do manifesto, disfrutamos da exposición de caligramas feitos pola nosa rapazada e tivemos un acto central no Paraninfo. Neste mostramos os 15 mellores videopoemas presentados ao concurso convocado co gallo da efeméride, escoitamos á Rosalía máis internacional coa lectura de poemas en rumano, en inglés, en francés, en alemán, en portugués… e gozamos coas diferentes versións musicais dos seus poemas. Pór en valor a figura de Rosalía de Castro é unha obriga no noso ensino. Grazas ao Departamento de Dinamización por esta xornada de achegamento a ela.

 

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

SESIÓN REXIONAL DO PARLAMENTO EUROPEO

IES Otero Pedrayo estivo presente na sesión rexional que o European Youth Parliament (Parlamento Europeo da Mocidade) desenvolveu en Ourense a pasada fin de semana. Foron tres días nos que as nosas alumnas formaron parte das delegacións escolares que debateron sobre multitude de temas: Constututional affairs, Agriculture and rural development, Culture and education, Employment and social affairs, Women´s rights and gender equality etc. Todos os debates foron en inglés e cun nivel moi alto. Os nosos parbéns a Celia Paz, Olalla Magide, Patricia Popescu e Eva Espinosa polas súas magníficas intervencións. Orgullo de alumnado

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 

Onte, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA, quixemos visibilizar o papel de tantas científicas que levan traballado e traballan arreo por un mundo mellor.  Fixémolo con varias acción:

  • Coa lectura dun manifesto
  • Co visionado de dúas presentación feitas polo alumnado: “As mulleres científicas ao longo da historia” e “Ourensás brillantes nas Ciencias”
  • Coa elaboración dun gran panel  onde se destacaron  figuras femininas  de gran relevancia na ciencia.
  • Coa conferencia de María Inmaculada Franco Motilla, profesora titular da área de tecnoloxía de alimentos da Universidade de Vigo (Campus de Ourense). A charla tivo por título “Investigación de mulleres en tecnoloxía de alimentos”.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ARANTZA PORTABALES

 

O luns, 10 de febreiro,  visitaba o noso centro Arantza Portabales, autora de Beleza Vermella. É un luxo para o Otero Pedrayo contar con escritoras da súa calidade literaria e, sobre todo, da súa calidade humana. Grazas, Arantza, por compartir o teu tempo co noso alumnado.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

TEATRO: DON JUAN TENORIO

 

O teatro é sempre unha prioridade no IES Otero Pedrayo. Nesta ocasión, o alumnado de 4º da ESO puido ver representada unha das obras clásicas da literatura española: “Don Juan Tenorio”, de José Zorrilla. Foi no Teatro Principal de Ourense, o 5 de febreiro.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ACTIVIDADES SEMANA DO 17 AO 21 DE FEBREIRO

ACTIVIDADES SEMANA DO 10 AO 14 DE FEBREIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut