Skip to Content

Taboleiro

Exames materias pendentes - curso 2023-24

Datas de exames de materias pendentes no presente curso:

Convocatoria ESO

Convocatoria ordinaria Bacharelato

SAMAIN 23

Concurso de microrrelatos de medo, exposición con textos terroríficos, mostra de obras de temática de ultratumba, seres vidos do máis alá deambulando polos nosos corredores... O Otero Pedrayo non esperou á noite de Defuntos... A mañá de onte foi... de medo!
Grazas ao equipo de biblioteca e ao equipo de dinamización lingüística polo traballo.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Entrega de notas da 1ª Avaliación

  

ESO: XOVES, 21 DECEMBRO

1º BACHARELATO: MÉRCORES, 13 DECEMBRO

2º BACHARELATO: MÉRCORES, 22 NOVEMBRO

Os boletíns de notas entréganos os titores/as ao longo da mañá. Tamén se envían por ABALAR

XANTAR DE PROMOCIÓN

Que alegría ver a promocións que pasaron polo noso centro e que, despois de tantos anos, se seguen xuntando para celebrar que seguen a ser familia Otero Pedrayo! E fano, ademais, con esta alegría... Este ano temática "Vacaciones en el mar"!
Orgullosxs do noso ex-alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

HORARIOS GRUPOS CURSO 2023/2024

TEATRO INTERXERACIONAL

Dentro do Programa de innovación Inclúe-T , o Otero Pedrayo participou no grupo de teatro interxeracional, canda a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), o Centro interxeracional da Farixa e Carmelitas.
Gustaríanos facer un agradecemento especial a Pablo, monitor de teatro de Carmelitas, que trasladou as súas aulas ao centro interxeracional para acoller a todos os participantes.
Como punto final deste proxecto, onte puidemos gozar de "Gato negro, gato blanco", representación teatral baseada nun valor fundamental: a igualdade. Magnífico traballo!

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MOMO

O grupo de teatro do Otero Pedrayo estreaba este luns unha adaptación do clásico de Michael Ende, Momo. Que marabilla de función! Canta traballo hai por tras! Que magnífico estivo o noso alumnado. Que sorte ten o Otero Pedrayo de poder contar coa nosa Lele, profesional brillante e persoa que desprende luz.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

GRADUACIÓN 2º BAC

Se hai unha cita esperada e desexada en 2º BAC, esta é a da súa graduación.
A comezos de semana, o Auditorio Provincial enchíase de ilusión, emotividade e, tamén, algún que outro nervo, nun acto de graduación no que non faltaron as palabras de toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias), actuacións musicais, recoñecementos ao alumnado do bacharelato de excelencia, así como ao que rematou a súa etapa post obrigatoria con matrícula de honra e, como non, a tan ansiada recollida de diploma e posta de banda.
Parabéns aos 112 graduados e graduadas, toda a sorte do mundo para a nova etapa que están a piques de encetar e, o máis importante, FELIZ VIDA.
 

 

 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

O pasado venres, o director do IES Otero Pedrayo, Daniel Lorenzo Valdivieso, viaxaba a Santiago para acompañar ao noso exalumno Adrián Vázquez Velasco no acto de entrega dos premios extraordinarios de educación galega.
Adrián, que xa obtivera o premio extraordinario na súa etapa da ESO, recibiu agora das mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o Premio extraordinario de Bacharelato do ano 202. Mil parabéns, Adrian. Premio extraordinario para un alumno extraordinario.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Calendario fin de curso 2022-23

As datas de remate da actividade lectiva, entrega de notas e prazos de revisión de ESO e Bacharelato pódense consultar neste documento e o calendario de exames extraordinarios de (1º, 2º e Pendentes 1º) Bacharelato que terán lugar os días 19, 20 e 21 xuño atópase neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut