Skip to Content

Viaxes Culturais

OFRENDA FLORAL NACEMENTO OTERO PEDRAYO

Foi ben bonita a homenaxe floral que a semana pasada, co gallo dos 136 anos do nacemento de Otero Pedrayo (5. marzo. 1888), o noso alumnado de 4º ESO fixo diante da súa figura, na praza do Correxidor. O levar o nome de don Ramón fainos, a profesorado e alumnado, cada día un pouquichiño máis oterianos. Que honra para nós!
A actividade enmarcouse nunha máis ampla, o roteiro do Grupo Nós, elaborado polo mesmo alumnado e dirixido pola profesora Elvira Moroño. Traballazo dos nosos rapaces e rapazaS que deu como resultado esta chulada de actividade!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

VIAXE DIDÁCTICA 3º ESO O PORTO

 

A cidade portuguesa do Porto foi o destino escollido por 3º ESO para a súa viaxe de fin de curso.
Pasaron un día no parque de aventura máis grande da península, Diverlanhoso; visitaron o Porto cunha magnífica guía que lle foi mostrando todos os recunchos e segredos desta cidade; coñeceron a preciosísima librería Lello, a Casa da Música, o Palacio da Bolsa e, como non, fixeron o paseo en barco polo Douro. O último día, foi toda unha sorpresa a derradeira das visitas: o World of Discoveries, un museo interactivo inspirado nas viaxes dos portugueses que lle encantou á rapazada!
 
 
IES OTERO PEDDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ASTURIAS- CANTABRIA- LUGO

 

 

Canto gozou o alumnado de 2º ESO na súa viaxe de fin de curso! Foron 5 días intensos nos que visitaron a neocova de Altamira, Santillana del Mar, Santander, as covas do Soplao, Potes, Covadonga, Cangas de Onís, Llanes e, incluso á volta, aproveitando a baixamar, disfrutaron da beleza da praia das Catedrais.
Cinco días de aventura, natureza, cultura e, tamén moi importante, convivencia. Toda unha experiencia. Eles mesmo resumiron a súa viaxe neste pequeno vídeo que vos invitamos a ver.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDAD

VIAXE CULTURAL 4º ESO LONDON

Se queres acceder á guía de viaxe a Londres fai clic na imaxe ou fai clic aquí.

VIAXE 3º ESO O PORTO 22-23

Se queres acceder á información de viaxe cultural de 3º da ESO a O Porto fai  clic na imaxe ou fai clic aquí

GUÍA DA VIAXE 2º ESO ASTURIAS

Se queres acceder á información de viaxe cultural de 2º da ESO a Asturias fai clic na imaxe ou fai clic aquí.

INTERCAMBIO FRANCIA

O alumnado de Francés de 3º de ESO viaxou a Francia no marco do programa de intercambio Galimiens (7 días), que se viu complementado coa visita cultural e turística a París (3 últimos días).
Foi toda unha experiencia de convivencia e aprendizaxe, con asistencia ás aulas cos compañeiros e compañeiras franceses, actividades diversas (como a entrevista co campión do mundo de baloncesto Javier Beirán) e visitas guiadas da vila de Saint-Quentin, considerada un referente do estilo Art-Déco e punto estratéxico de relevancia tanto na Primeira coma na Segunda Guerra Mundial.
Ademais de mellorar as súas competencias en lingua francesa, este intercambio permitiulle ao noso alumnado coñecer modos de vida diferentes dos propios (horarios, costumes, gastronomía, vida escolar...) e tamén disfrutar dos lugares máis emblemáticos da fermosa Cidade da Luz.
A segunda parte desta actividade terá lugar entre o 23 e o 30 de maio, datas nas que as familias do noso alumnado acollerán nas súas casas aos seus "correspondants" franceses. Todos nós estaremos tamén encantados de recibilos no Instituto.
 
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LUGO

O pasado mércores, un grupo de 4°ESO visitaba a cidade de Lugo a través do Proxecto de innovación educativa Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Fixo unha visita guiada á Muralla romana, ao Barrio das Tinerías, ao Museo Provincial e á Casa dos Mosaicos. Xa pola tarde, visitou o Edificio Impulso Verde, prototipo de edificio público feito integramente con madeira galega e criterios de sustentabilidade. Inda houbo tempo para a comida arredor da Praza Maior e unha partida de xadrez humana.
Cónstanos que todos aprenderon e disfrutaron.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut