Skip to Content

Historia

125 ANOS DE HISTORIA do IES OTERO PEDRAYO

Onte, o Telexornal Serán da TVG facíase eco dos 125 anos de historia do noso centro e destacaba o proceso de musealización de todo edificio histórico no que alumnado e profesorado está a traballar (facer clic na foto para acceder o vídeo)

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MUSEO DO OTERO PEDRAYO

O IES Otero Pedrayo conta cun magnífico museo, pertencente á rede MUPEGA (Museos Pedagóxicos de Galicia), que este ano loce nos corredores e no Paraninfo, museizando deste xeito todo o centro educativo.
 
 
Co obxectivo de poñelo en valor, o alumnado pode gozar dunha completa visita guiada a cargo da profesora Pilar Rodríguez Vázquez, na que coñecen a historia de cada unha das nosas pezas.
 
 
 
Indo un paso cara adiante, a través do "Club de Ciencia" que desenvolvemos no instituto, este curso estamos a traballar na elaboración dunha audio-guía para que calquera visitante que se achegue a coñecer o "Museo do Otero Pedrayo", poida escoitar unha detallada explicación de cada unha das pezas. O obxectivo é que o próximo curso estea dispoñible en galego, castelán, francés e inglés, facendo deste xetio o proxecto interdisciplinar.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Historia do centro

Na consolidación dun edificio no Posío que albergase os estudios de ensino medio na cidade de Ourense sóense distinguir tres etapas fundamentais: unha primeira de necesidade e de concienciación dun espacio digno, unha segunda de consolidación do edificio e unha terceira de recuperación que comezaría a partir do incendio de 1927.

 

Primeira etapa, de concienciación:

Distribuir contido


by Dr. Radut