Skip to Content

Grego

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 22/23

MEMBROS DEPARTAMENTO GREGO CURSO 2021/22

Dona Ana Gloria Rodríguez Alonso

 

PRESENTACIÓN "GANA DE SIMETRÍAS"

O pasado mércores, o Paraninfo do IES Otero Pedrayo acollía a presentación da Carpeta de gravados de Xosé Poldras, cunha tradución de Sófocles a cargo da nosa compañeira Ana Goria Rodríguez Alonso e unha análise científica dos efectos do cambio climático en Ridimoas de Pablo Rodríguez Fernández.
Presentou a Xosé Poldras Susana Bayo, investigadora e meteoróloga, que tamén falou sobre o cambio climático.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O PAPEL DA MULLER NA DEMOCRACIA ATENIENSE

Susana Reboreda, profesora de Historia Antiga na UVigo, Campus Ourense, especialista na muller no mundo antigo, impartiu unha charla para o alumnado de 1º BAC Humanidades na que nos fixo reflexionar sobre aspectos da vida das mulleres que se consolidaron ao longo da historia e que non está sendo doado desbotar das nosas sociedades democráticas.
Partindo de fontes escritas, materiais e iconográficas, describiu o papel das mulleres dende a súa creación segundo a Mitoloxía ata a consolidación da democracia no sec. V a.C.; sempre relegada ao fogar, aos coidados e a outros traballos pouco recoñecidos.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VIAXE A GRECIA: OPERACIÓN ALEXANDROS

 

 

Aquí queda unha pequena mostra do paso do noso alumnado pola Grecia clásica: Delfos, Kalambaka-Meteora, Tesalónica, Volos e Atenas. Que semana tan intensa! Que viaxe máis marabillosa!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

TEATRO GRECOLATINO

Marabillosas as pezas de teatro grecolatino ás que asistiron onte o alumnado do IES Otero Pedrayo!
Pola mañá, a traxedia Agamenón deixounos sen palabras. Unha historia de fonda dor, paixón e vinganza, sublimada cunha espectacular posta en escena.
Pola tarde, a comedia O Persa fíxonos rachar coas risa!
O teatro grecolatino segue conectando co público de hoxe. Parabéns ao grupo de teatro El Ruiseñor de Culleredo e a SEEC Galicia.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut