Skip to Content

NAS TERRAS DOS QUERQUENNOS

O pasado xoves, un afoutado grupo de alumnas e alumnos do IES Otero Pedrayo adentrouse nas terras dos Querquennos, sen medo á choiva, con ansia de coñecer máis sobre o noso pasado romano.
Alí acolleunos Eva, no Centro de Interpretación, onde aprendemos como era facer unha viaxe no séc. I d.C., época na que se construíu o campamento romano que albergaba, segundo os últimos estudos, unha cohorte da Legio VII Germina. Tamén houbo tempo de que o equipo das Venus vencese ao das Artemisas no xogo da Via Nova.
Achegámonos ao campamento e puidemos ver os últimos avances nas excavacións, o praetorium, aínda que a choiva foi repentinamente a máis e impediunos ver con detallo o traballo dos arqueólogos que tiveran que parar de traballar.
En Santa Comba agardábanos a señora Isabel para explicarnos este tesouro do noso patrimonio, construído con cachos do campamento romano: había que aproveitar o material!
Unha viaxe moi interesante! Grazas ao Departamento de Grego e á incansable Ana Gloria pola súa organización.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.


page | by Dr. Radut