Skip to Content

Educación Plástica

PROGRAMACIÓNS DEPARTAMENDO EDUCACIÓN PLÁSTICA CURSO 23-24

MEMBROS DEPARTAMENTO EPeV CURSO 20223/24

  • D. Manuel Sanchez Seco (Xefe de Departamento).

  • Dona Eva Hernando Lirola

ARQUITECTURA TÉCNICA

A pasada semana, o alumnado de 2º BAC de Debuxo Técnico II acercábase ata o Centro Cultural José Ángel Valente para visitar a exposición sobre "A profesión de arquitectura técnica", onde foi recibidos polo presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense (COAT).
Grazas por esa benvida, grazas pola exposición e grazas a Manuel Sánchez, profesor de Debuxo, por acompañar ao noso alumnado.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EXPOSICIÓN ABSTRATOM

Dende o 11 de maio, de 18.00h a 20.00h, estará de novo aberta ao público a exposición pictórica Abstratom, da que onte se facía eco La Región e Telemiño.
Sonia Hernández, Seo e Manuel S. Seco expoñen desde diferentes perspectivas pictóricas, a súa visión da arte abstracta a través de 15 obras vangardistas.
Ven visitar Abstratom!

 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ABSTRATOM 3

Este é o nome da exposición pictórica que onte inauguramos no IES Otero Pedrayo.
Sonia Hernández, Seo e Manuel S. Seco son os autores destas 15 obras de arte que lucirán no noso centro ata o martes, 17 de maio. Hoxe pola tarde estivo aberta ao público e tamén o estará o vindeiro xoves, 11 de maio. Non perdades a oportunidade de vela porque non puido quedar máis bonita!
Grazas, artistas, por regalarnos tanta beleza.
 

PLÁSTICA CASTREXA

O alumnado de 1º BAC Humanidades, así como o de 3º e 4º ESO de Latín e Cultura Clásica tiveron a oportunidade de visitar na sala AFundación de ABanca toda a plástica castrexa do Museo Arqueolóxico Provincial. Que marabilla poder coñecer a nosa riqueza patrimonial!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

MURAL "POLA IGUALDADE"

ES PEC TA CU LAR. Este é o adxectivo máis apropiado para o mural que o alumnado de Plástica de 4º ESO, capitaneado pola súa profesora Sonia González, vén de rematar no patio exterior do Otero Pedrayo.
Foi un proxecto completo e moi ambicioso, que comezou cun remuíños de ideas, continuou con diferentes propostas dos rapaces e rapazas, elección das mellores e fusión nunca única representativa de todas elas, e rematou coa realización maxistral do mural, desde o branqueo do muro ata o impecable acabado.
Parabens ao Departamento de Plástica e, en particular, á profe Sonia González por un traballazo tan impresionante. Porque non se pode rematar mellor o curso!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

REVISANDO A PIET MONDRIAN

 

Este é o nome do proxecto que o departamento de Plastica está a desenvolver neste mes de maio. O noso alumnado de 3º ESO formouse en grupos e asignou roles a cada un deles, investigou sobre Piet Mondrian, interpretou a obra do pintor e preparou unha impresionante exposición nun dos patios internos do centro.
A guinda final ao proxecto é a visita guiada que o alumnado participante lle está a facer aos seus compañeiros e compañeiras, acercando a obra de Mondrian mediante unha exposición oral completa, clara e, sobre todo, entusiasta. Traballo 10.
Grazas a Manuel Sánchez por estas iniciativas tan, tan chulas.
 
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

BIG VALISE

 
O proxecto da maleta viaxeira do Museo Thyssen concluía hoxe no Otero Pedrayo.
O alumnado de 4° ESO creou unha espectacular caixa-territorio que nos representa ao cento por cento.
Parabéns para el e tamén para a súa profesora Sonia por tan excelente traballo.
Agora, que a maleta siga viaxando pola península cun cachiño do Otero Pedrayo dentro.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 22/23

Distribuir contido


by Dr. Radut