Skip to Content

Educación Plástica

DÍA MUNDIAL DA ARTE

 

Un 15 de abril de 1452 nacía en Italia o gran humanista Leonardo da Vinci e é por iso que, desde 2012, celebramos todos os 15 de abril o Día Mundial da arte.
No IES Otero Pedrayo sumámonos á conmemoración e reivindicamos as ensinanzas artísticas pola enorme importancia que estas teñen na educación do noso alumnado; porque a arte son pontes, é diálogo, é interculturalismo..., é educación inclusiva e equitativa.
Hoxe, a nosa rapazada saíu ao exterior para visibilizar e pór en valor a importancia da arte e do pensamento creativo.
Grazas ao Departamento de Plástica, concretamente a Sonia González e Manuel Sánchez, por estas magníficas iniciativas.
  
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

EXPOSICIÓNS 15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE.

Grazas ao Plan de Innovación Educativa, Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", xa loce no claustro do noso instituto a exposición 15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE.
É unha exposición de fotofrafía que aborda a arte baixo o prisma do xénero. Quince mulleres vítimas de violencia de xénero versionan obras de arte moi populares, como "La maja vestida" de Goya ou a "Gioconda" de Leonardo da Vinci.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut