Skip to Content

Matemáticas

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2021/22

MEMBROS DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS CURSO 2021/22

D. Menor Seara, José Luis ( Xefe de departamento)

Dona Alvarez Nogueiras, Rosa Mª

Dona Borrajo Iglesias, Marina

Dona González Rodríguez, Emilia

Dona Pinal Fariñas,  Rosa  

Dona Patricia Augusto Rúa

D. Miguel Ángel Álvarez García.

Dona Eva Álvarez Rodríguez.

D. Pablo Portela Liz.

Dona Laura Rodríguez Díaz.

 

 

XIV edición da ESTALMAT: ESTÍMULO DE TALENTO MATEMÁTICO

O pasado sábado inaugurábase na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela a XIV edición da ESTALMAT, na que participará o noso alumnado ANA CASCÓN PADRÓN e SANTIAGO BOUCHÓN HUAITA, xunto cos dezasete restantes compañeiros e compañeiras seleccionados en Galicia (só un máis de Ourense).

Rosa Pinal e Emilia González, profesoras de matemáticas do noso centro, en representación do resto do profesorado, deron un discurso cheo de ánimo.

É unha honra para o Otero Pedrayo estar representado en programas da calidade do ESTALMAT. Parabéns ao profesorado de matemáticas pola súa estupenda labor e, sobre todo, parabéns a Ana e Santiago polo logro acadado. Orgullo de alumnado.

 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Final Galega da OLIMPÍADA MATEMÁTICA DE 2º ESO

Luis Moisés Bouchon Huaita viaxaba o pasado xoves a Lugo para participar na Fase Final Galega da OLIMPÍADA MATEMÁTICA DE 2º ESO 2021. Alí recibía o seu diploma. Que orgullo de alumnado!


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

RALLY CIENTÍFICO MATEMÁTICO

 

 

 

O grupo de 3º da ESO do IES OTERO PEDRAYO vén de acadar o 1º POSTO na fase galega do RALLY CIENTÍFICO MATEMÁTICO, celebrado o pasado 14 de abril. O alumando está desexoso de acudir á entrega de premios e realizar esa Ruta científica-matemática no Camiño de Santiago, coa que vai ser agasallado.
Moitos parabéns, rapazada, a vós e á vosa profesora, Rosa Álvarez, polo seu traballo e a súa adicación.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enlace ó artigo de "LA REGIÓN"

 

 

 

 

 

 

ENSINO PÚBLICO, ENSINO DE CALIDADE

RALLY MATEMÁTICO "SEN FRONTEIRAS" 20-21

Onte foi tarde de rally matemático no IES Otero Pedrayo. A rapazada traballou arreo e agora espera con ilusión os resultados desta primeira Fase de Centros.
Grazas ao Departamento de Matemáticas, concretamente a Rosa Álvarez, Rosa Pinal e Lucía Ferreiro, polo traballo e a preparación que hai por tras de cada unha destas probas.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS!

Non hai ninguén mellor ca o noso alumnado de 3º ESO para explicar as matemáticas. Pica no enlace, entra en cada un dos vídeos e dálle "me gusta" para converter á rapazado do IES Otero Pedrayo nos gañadores/as do Concurso de vídeos de matemáticas en galego "Explícoche matemáticas"

 

 

ENSINO PÚBLICO- ENSINO DE CALIDADE

 

OLIMPIADA MATEMATICAS E BIOLOXÍA 2019

 

Un ano máis, o alumnado do IES Otero Pedrayo participou na Olimpíada de Bioloxía celebrada en Santiago de Compostela o pasado venres, día 17 de xaneiro.
O mesmo día, na facultade de Matemáticas da cidade compostelá, outro grupo de alumnos e alumnas do Otero participou na Olimpíada Matemática.

Noraboa a todos/as pola vosa participación, e, en especial ao noso alumno Adrian Vázquez Velasco que obtivo unha mención de honra.

Son experiencias ben enriquecedoras...


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut