Skip to Content

Economía

PROGRAMACIÓN DPTO. ECONOMÍA CURSO 23-24

MEMBROS DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA CURSO 23-24

 

  • DONA Mª JESÚS ANDRADE ENRÍQUEZ (XEFA DE DEPARTAMENTO)

  • DONA INÉS PUMAR DELGADO

 

OLIMPÍADA DE ECONOMÍA

O pasado venres, 12 de abril, 5 alumnos e alumnas do IES Otero Pedrayo desprazáronse a Lugo para participar na XIV Olimpíada Galega de Economía, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio de Economistas de Lugo, en colaboración coas Universidades da Coruña e Vigo.
O noso alumnado obtivo uns excelentes resultados: SARA CALVO e PABLO DOMÍNGUEZ clasificáronse para a final despois de obter, respectivamente, o 1º e 2º posto!
Parabéns aos nosos rapaces e rapazas. Parabéns ao noso Departamento de Economía.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EDUCACIÓN CÍVICO- TRIBUTARIA

Co obxectivo de transmitirlle ao noso alumnado valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e contrarios ás condutas defraudadoras, os nosos rapaces e rapazas de Economía de 1º BAC asistían onte no Paraninfo do IES Otero Pedrayo a unha charla sobre educación cívico- tributaria, impartida polo profesor de Economía Aplicada Alberto Vaquero. Grazas á Universidade de Vigo, Campus de Ourense, por brindarnos estas oportunidades.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CHARLA SOBRE FINANCIACIÓN

A "Asociación de jóvenes empresarios" da nosa cidade (AJE Ourense) leva traballando todo o curso co noso alumnado de Economía e Proxecto Empresarial. Foron xa varias as charlas sobre como emprender, cada unha centrada nun tema; a última tratou sobre como conseguir financiación para un proxecto empresarial, que cada un dos nosos rapaces e rapazas leva a cabo na aula e complementa nas charlas, facendo coincidir os contidos.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

IDEA O TEU COMERCIO

 

Este é o certame escolar que o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, presentaron hoxe no IES Otero Pedrayo. O obxectivo principal do concurso é achegar aos máis novos ao comercio de proximidade e traballar unha idea pioneira e innovadora, que contribúa ao densenvolvemento da súa contorna, ao tempo que se respecta o medio ambiente.

 

ALLARIZ

 

Allariz foi o destino escollido polo alumnado de 4º ESO Economía. A semana pasada viaxaban a esta vila para coñecer o seu proxecto económico, visitar o Festival Internacional de Xardíns e tamén o Rexo: a aula mediambiental, a granxa e a queixería. Rematou a visita ás beiras do Arnoia, xusto no pontillón onde foi gravada unha das escenas máis bonita d´A lingua das bolboretas. O broche non puido ser mellor.

 

 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 22/23

VISITA A COREN

 

 

O alumnado de Economía de 4º da ESO tivo o privilexio de poder visitar a factoría COREN. Tras unha breve explicación da historia da empresa, desde a orixe ata a actualidade, e tras un suculento almorzo, fixeron a visita guiada á parte administrativa e á nave de despece e envasado de polo e pavo. A degustación de empanada, chourizo, salchichón etc. puxo o punto final a unha actividade do máis interesante e na que o noso alumnado foi tratado de xeito exquisito. Grazas a todo o persoal de COREN que nos atendeu.

ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut