Skip to Content

Actividades deportivas

ENCONTRO INTERCENTROS BÁDMINTON

Gran éxito de participación coa destacada actuación do noso alumnado, que acadou o 4º posto en 2º ESO e o 1º posto en 1º ESO. Parabéns! Orgullo de alumnado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

GALA + DEPORTE

 

 

Un ano máis, La Región organizou a Gala + Deporte para premiar aos mellores deportistas deste 2023. Celebrouse onte á tardiña, no Auditorio, e o IES Otero Pedrayo estivo moi presente nela, xa que foi premiado coa distinción de "Mellor equipo absoluto" o CLUB DE VOLEIBOL, que adestra no noso pavillón e del forma parte moito do noso alumnado; o CLUB ATILA, "Mellor equipo promesa", que tamén adestra no Pompeo e a el pertence alumnado noso (podemos ver a Artai na foto); na gala tamén participou a alumna de 1º BAC Alba Miranda cunha exhibición de acrobacia e, por suposto, o "Mellor deportista base masculino" foi para o noso alumno de 1º BAC PEDRO CASTAÑO.
Parabéns para todos e todas! Orgullo de alumnado.
 
 
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

BAUTISMO NÁUTICO

Padel, windsurf, vela, kayak ou o barco dragón foron algunhas das modalidades náuticas que gozou o noso alumnado de 4º ESO C e 1º BAC E o pasado xoves en Castrelo. Canto aprenderon e que ben o pasaron! Grazas á Concellaría de Educación por ofrecernos actividades tan, tan chulas.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENISNO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MAGOSTO 2022

As castañas, os bolos preñados e os xogos populares non poden faltar nun bo magosto e, desde logo, que non o fixeron no do Otero Pedrayo.
O alumnado gozou da mañá solleira de hoxe participando nas diferentes eliminatorias de brilé, soga-tira, pano e carreiras de relevos, repondo forzas cun bocata de chourizo e unhas boas castañas.
Grazas ao Departamento de Educación Física pola magnífica organización.
Magosto, festa de noso!
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MOVÉMONOS POLO GALEGO!

Baixo este lema, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC desenvolveu o mércores, xoves e venres da semana pasada unha actividade interdisciplinar (Departamento de Galego e Departamento de Educación Física) na que, despois de elaborar nas aulas un roteiro literario pola zona histórica de Ourense, puxérono en práctica a través dun xogo de orientación no que tiñan que ir descubrindo os diferentes puntos sinalados no percorrido e anotando a información de cada un deles a través dun código QR.

Foi unha actividade ben bonita, lúdica e tamén moi educativa, coa que o alumnado gozou moitísimo. 

Artigo na VOZ DE GALICIA

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

JAVIER GÓMEZ NOYA

Javier Gómez Noya, un dos mellores triatletas da historia, cinco veces campión do mundo, estivo hoxe coa rapazada do Otero Pedrayo! Hábitos saudables e deporte foron os temas principais arredor dos que xirou esta charla en liña na que o noso alumnado, xunto co doutros seis centros espallados pola península, tivo a oportunidade de preguntarlle todas aquelas curiosidades arredor da súa vida deportiva e os seus hábitos. A masterclass foi interesantísima e a participación dos rapaces e rapazas moi alta. Todo un luxo!
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CAMPIONATO COMARCAL DE BÁDMINTON

No pavillón do noso centro tivo lugar o Campionato Comarcal de Badminton. E o noso alumnado obtivo uns grandes resultados.

 

Este é o noso estupendo equipo.

E estes son os resultados acadados:

Johana Paradelo, ouro. Ainhoa González prata e Iria Añel bronce.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA.

O noso instituto tivo representación neste campionato que tivo lugar no pavillón Paco Paz de Ourense, e acadaron importantes resultados. Son os seguintes:

José Pedrayo e Raúl Rivas, medallas de ouro en categoría cadete.

Antón Martín e Beltrán Taboada, medallas de ouro en categoría infantil.

Distribuir contido


by Dr. Radut