Skip to Content

Deportes

GALA + DEPORTE

 

 

Un ano máis, La Región organizou a Gala + Deporte para premiar aos mellores deportistas deste 2023. Celebrouse onte á tardiña, no Auditorio, e o IES Otero Pedrayo estivo moi presente nela, xa que foi premiado coa distinción de "Mellor equipo absoluto" o CLUB DE VOLEIBOL, que adestra no noso pavillón e del forma parte moito do noso alumnado; o CLUB ATILA, "Mellor equipo promesa", que tamén adestra no Pompeo e a el pertence alumnado noso (podemos ver a Artai na foto); na gala tamén participou a alumna de 1º BAC Alba Miranda cunha exhibición de acrobacia e, por suposto, o "Mellor deportista base masculino" foi para o noso alumno de 1º BAC PEDRO CASTAÑO.
Parabéns para todos e todas! Orgullo de alumnado.
 
 
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CAMPIÓN! PEDRO CASTAÑO

 

O noso alumno PEDRO CASTAÑO, xunto co seu compañeiro Mateo Rodríguez, pasaron con este exercicio, sendo primeiros!, á final do Campionato do Mundo Junior. Case nada! Ademais, en individual da súa idade, quedou 1º español!
A competición tivo lugar a pasada fin de semana en Birmingham e Pedro estivo excelente. Parabéns! Orgullo de alumnado.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DEPORTIVA

 

Non hai un final de curso que se preste sen actividade deportiva. E os resultados da olimpíada de onte estiveron moi, moi axustados, cun empate na final entre 3º ESO C e 4º ESO A.
A rapazada puxo todo da súa parte nas competicións de volei, floorball, baloncesto e brilé. Pasárono xenial.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ILLAS CÍES

 

O alumnado de 3º ESO puido gozar a semana pasada da natureza e da inmensidade do Océano Atlántico visitando as Illas Cíes.
Realizou a ruta de sendeirismo máis longa, a Ruta do Faro de Cíes, cunhas vistas dunha beleza espectacular. Antes de coller o catamarán de volta, non perdeu a oportunidade de gozar da praia de Rodas, considerada no 2007 polo diario británico The Guardian como a mellor praia do mundo.
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MEDALLA DE PRATA NO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

 

O pasado sábado, o equipazo do Otero Pedrayo de tenis de mesa facíase coa medalla de prata no campionato provincial.
Parabéns

! Todo un orgullo!

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PUBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

JAVIER GÓMEZ NOYA

Javier Gómez Noya, un dos mellores triatletas da historia, cinco veces campión do mundo, estivo hoxe coa rapazada do Otero Pedrayo! Hábitos saudables e deporte foron os temas principais arredor dos que xirou esta charla en liña na que o noso alumnado, xunto co doutros seis centros espallados pola península, tivo a oportunidade de preguntarlle todas aquelas curiosidades arredor da súa vida deportiva e os seus hábitos. A masterclass foi interesantísima e a participación dos rapaces e rapazas moi alta. Todo un luxo!
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut