Skip to Content

Dependencias e Espazos

O LIBRO DAS MARABILLAS

Onte, a prensa local facíase eco da fantástica presentación da tradución ao galego d´O libro das marabillas, de Marco Polo, que tivo lugar no IES Otero Pedrayo. Todo unha festa na que as persoas asistentes acudimos caracterizadas de cidadáns/ cidadás do vasto imperio mongol, na que gozamos coa magnífica presentación da tradutora, Maite Jiménez, e na que non faltou complicidade, risas e, por suposto, o espectacular viño traído directamente da corte do Gran Khan. Marabilloso o `libro das marabillas´!

 

 

IES OTERO PEDRAYO, ENSINO PÚBLICO, ENSINO DE CALIDADE

VISITA AO NOSO MUSEO

O pasado martes, un grupo de docentes do colexio de Carmelitas, agora en `estado de xúbilo´, visitaba o Otero Pedrayo para coñecer o noso Museo Pedagóxico, pertencente á rede MUPEGA.
Grazas pola visita; sempre é unha honra pór en valor e dar a coñecer o noso patrimonio, o patrimonio de todos e de todas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MUSEO PEDAGÓXICO DO IES OTERO PEDRAYO

Como cada ano, o novo alumnado do centro (1º ESO e 1º BAC) fai unha visita guiada ao noso museo pedagóxico co fin de coñecelo e poñelo en valor, algo fundamental para que logo sexa respectado e valorado.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

VISITA IES AS LAGOAS

Que pracer recibir no noso centro os compañeiros e compañeiras das Lagoas! Que positivo é compartir, crear sinerxias, vínculos... Neste caso, foi dar a coñecer e pór en valor o noso patrimonio; tamén o valor artístico do noso alumnado. Oxalá haxa máis veces!
Grazas por virdes.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E OS SITIOS

Desde 1984, o 18 de abril conmemórase o Día Internacional dos Monumentos e os Sitios, cuxo obxectivo principal é sensibilizar e dar a coñecer a riqueza que posúe a humanidade en canto a patrimonio histórico, fomentando a súa conservación e protección.
Así o facemos no IES Otero Pedrayo; coidamos, protexemos e pomos a disposición da cidadanía o noso enorme patrimonio. Hoxe, por exemplo, gozouno o alumnado de 1º bacharelato do IES de Beade, Vigo. Encantadas de recibirvos, compañeiros e compañeiras!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PECHE DO CENTRO POR OBRAS (do 29 ao 31 de Marzo)

O luns, martes e mércores da vindeira semana (29, 30 e 31 de marzo) o centro permanecerá pechado por obras de mantemento e mellora.

Para calquera trámite urxente durante esas datas, estamos ao voso dispor a través do teléfono 690 076116 en horario de 10:00 a 13:00 ou do correo

 ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.gal

 

MUSEO IES OTERO PEDRAYO

 

 

 Conchita López, Maria José Camba, Maita Borrajo e Ramón Romero

 No día de hoxe o  diario A Región publica un artigo sobre a museización no noso IES. 

 Despois dun traballo de máis de 20 anos, o noso museo inaugurouse o venres 12 de xuño de 2009, ás 20 horas, coa presencia de autoridades da Consellería de Educación e autoridades provinciais, grazas á restauración especializada e á preparación dun espazo de exposición adaptado ás necesidades do centro e que conservou durante estes anos o noso patrimonio en perfectas condicións.

Traballo impagable de docentes como Conchita López, María Xosé Camba,  Maita Borrajo, Ramón Romero,  Antonio Villar, Arturo Fernández ou Luis Fernández entre outros moitos.

A súa dedicación e amor polo patrimonio permitiu ter a primeira sección de MUPEGA nun IES histórico e que hoxe poidamos polo a disposición de toda a cidadanía

 

 

Dependencias e espazos

XERAIS

  • Despacho de Dirección

  • Despacho de Secretaría e Vicedirección

  • Despacho de Xefatura de Estudos

  • Despacho de Orientación

  • 1 Sala de recepción a Pais e Nais.

  • Paraninfo

  • 2 Bibliotecas

  • 2 Salas de profesores

Distribuir contido


by Dr. Radut