Skip to Content

Latín

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 22/23

MEMBROS DEPARTAMENTO LATIN CURSO 2021/22

D. Juan Antonio Saco Rivera (Xefe de Departamento).

"ESTES ROMANOS ESTÁN TOLOS"

 

Este foi o título da charla que Ana Suárez Piñeiro, profesora de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela, impartiu para o alumnado de 4º ESO e 1º BAC de Cultura Clásica, Latín e Grego.
A profesora falou dos logros dos romanos na arquitectura, enxeñaría e urbanismo. Puxo moita énfase en como moitas destas construcións seguen hoxe en uso, e como algunhas das súas ideas non se volveron levar á práctica (como un trazado de estradas en Hispania descentralizado, ou un plan de estradas para a Europa que formaba parte do imperio). Por último, animou o alumnado a poñer empeño nos seus proxectos, como fixeron os romanos, non desistir e aprender dos erros sen caer no desánimo. Oxalá así o fagan, eles e todos e todas nós!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

VIGO ROMANO

O alumnado de Latín de 4º ESO viaxaba o pasado mércores a Vigo para seguir as pegadas que os romanos deixaron na cidade olívica: Museo das salinas romanas, vila romana de Toralla, Museo Arqueolóxico... Viñeron encantados! Viñeron encantadas!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ENTRE PLUMAS E PERGAMIÑOS

 
Este é o título da charla á que asistiu o noso alumnado de 4° ESO Latín e Cultura Clásica. Centrada nos scriptoria monásticos como espazos de escrita e confeccións na Idade Media, foi impartida por Sandra Piñeiro Pedreira, dentro do programa A Ponte, da Universidade de Santiago de Compostela.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

J. MARÍA EGUILETA

É un orgullo para o Otero Pedrayo rematar o curso con charlas da calidade da que tivemos esta semana. O arqueólogo municipal do Concello de Ourense, J. María Eguileta, faloulles ao noso alumnado de Latín e Cultura Clásica sobre as orixes romanas na cidade de Ourense. Non puido ser máis interesante!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

BIBLIOTECA NÓS, CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO E ESCOLMA DE ESCULTURA DO MUSEO ARQUEÓLOXICO.

 
 
Estas son as visitas que o noso alumnado de 3° ESO de Cultura Clásica puido disfrutar esta semana, coa súa profe Ana Gloria Rodríguez. Viñeron encantados! Viñeron encantadas!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MATERIAL PARA PRACTICAR 1º BAC

Deixei na fotocopiadora do centro material para que os que tedes o latín suspenso practiquedes para setembro. Non é obrigatorio facelo. Son exercicios moi sinxelos e graduais. Espero que vos sexan útiles.

Distribuir contido


by Dr. Radut