Skip to Content

"ESTES ROMANOS ESTÁN TOLOS"

 

Este foi o título da charla que Ana Suárez Piñeiro, profesora de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela, impartiu para o alumnado de 4º ESO e 1º BAC de Cultura Clásica, Latín e Grego.
A profesora falou dos logros dos romanos na arquitectura, enxeñaría e urbanismo. Puxo moita énfase en como moitas destas construcións seguen hoxe en uso, e como algunhas das súas ideas non se volveron levar á práctica (como un trazado de estradas en Hispania descentralizado, ou un plan de estradas para a Europa que formaba parte do imperio). Por último, animou o alumnado a poñer empeño nos seus proxectos, como fixeron os romanos, non desistir e aprender dos erros sen caer no desánimo. Oxalá así o fagan, eles e todos e todas nós!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 



story | by Dr. Radut