Skip to Content

Admisión

REAPERTURA PRAZOS DE ADMISIÓN (NOVO ALUMNADO)

Reestablécese o prazo de  presentación das solicitudes de admisión de alumnado, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Recoméndase que se faga presentación telemática na páxina https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

No caso de non ser posible, solicitarase CITA PREVIA para ser atendido presencialmente no teléfono 690076116 ou no enderezo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.gal

Pregamos traian cuberta a solicitude coa seguinte documentación:

1º Solicitude - Anexo II.  

2-  Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta) 

3-  Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente.

4- A efectos de aplicar o baremo:

  •    Certificado de empadroamento da unidade familiar ou certificado de empresa
  •    Certificado de familia numerosa
  •    Certificado de minusvalía
  •    Certificación académica de 3º da ESO onde conste a nota media (só para solicitantes de 1º de bacharelato)
  •    No caso de familia monoparental, copia da sentencia de divorcio
  •    Certificación da oficina de emprego, onde conste a situación de desemprego dos pais.

Novos prazos de publicación e reclamación

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020. (pregamos sexa entregada xunto coa solicitude/anexo II)
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut