Skip to Content

Xeografía e Historia

MEMBROS DEPARTAMENTO XEOGRAFÍA E HISTORIA CURSO 23/24

  • Dona Carolina Suárez García(Xefe de Departamento)

  • Dona Mª Amelia Carou García.

  • D. Diego González Montero

  • Dona Mª del Camino Gutiérrez López

  • Don Daniel Lorenzo Valdivieso.

  • Dona Nela Ordoñez Vázquez

  • D. David Riveiro Rivera

 

OLIMPÍADA DE XEOGRAFÍA

O pasado mércores, o noso centro participou na Olimpíada de Xeografía celebrada en Santiago de Compostela. Foi unha xornada de convivencia con alumnado de todo Galicia, na que visitaron a zona histórica de Compostela, coñeceron o Grao de Xeografía e Historia e gozaron aprendendo. E, por se iso non fose suficiente, unha das nosas alumnas, SABELA BALEA DE TORO, quedou terceira na Olimpíada. Parabéns, Sabela!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VISITA Á CATEDRAL DE OURENSE. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

O alumnado de Historia da Arte de 2º BAC do Otero Pedrayo realizaba unha completa visita á un dos grandes templos románicos de España: a catedral de Ourense. Que importante é coñecer e pór en valor o noso!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

O pasado martes 3 de Maio, un grupo de alumnas e alumno de 3º da ESO viaxaba a Compostela para participar na Olimpíada de Xeografía e Historia. Unha vez máis, a experiencia foi enriquecedora e a rapazada veu encantada.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ROTEIRO ARQUEOLÓXICO- ETNOGRÁFICO CIBDÁ DE ARMEA- SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS. ZONA HISTÓRICA DE ALLARIZ

 
O alumnado de 1º ESO visitaba esta semana o conxunto histórico, artístico e paisaxístico de Santa Mariña de Augas Santas e Armea, no que se mesturan historia, tradición e lenda. Completaba esta saída un roteiro polo casco histórico da vila de Allariz, auténtico museo ao aire libre.
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE

O alumnado de 1º da ESO puido coñecer un pouco mellor a súa cidade grazas ao roteiro "A cidade medieval de Ourense"; un percorrido de hora e media con visitas ao Xardín do Posío, á Praza Maior, Catedral, Porta da Aira ou outros moitos exemplos de pervivencia de arquitectura medieval da cidade de Ourense.
Grazas á Concellaría de Educación do Concello de Ourense por ofertar esta marabilla de actividade.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

COPÉRNICO

A prensa faise eco da presentación da primeira tradución ao galego do libro I de Copérnico, acto desenvolvido onte no IES Otero Pedrayo, que contou cos matemáticos estudosos da obra, Nicanor Alonso Álvarez e Miguel Ángel Mirás Calvo, así como co seu tradutor, Raúl Gomez Pato.
O acto foi especialmente emotivo para nós, xa que no centro contamos cunha segunda edición orixinal, de 1566, deste primeiro libro do gran astrónomo; unha auténtica xoia da que onte o director do instituto, Daniel Lorenzo Valdivieso, deu conta do seu estado de conservación e estudo.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO, ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut