Skip to Content

Francés

PROGRAMACIÓN DPTO. FRANCÉS CURSO 23/24

MEMBROS DEPARTAMENTO FRANCÉS CURSO 23/24

  • Dona Susana Iglesias Rivera (Xefa de Departamento)

  • Dona Sophie Monboisse

  • D. Jose Luís Piñeiro Ferreira

LES TROIS MOUSQUETAIRES

Co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra de escritores clásicos da lingua francesa e, ao mesmo tempo, disfrutar do teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimula a aprendizaxe en francés, o pasado xoves, os nosos rapaces e rapazas de francés de 3º e 4º ESO e 1º BAC Francés asistía ao auditorio provincial a ver "Les trois mousquetaires", baseada na novela de Alejandro Dumas, cun posterior coloquio que foi do máis interesante.
Grazas á Concellaría de Cultura por ofrecernos esta actividade tan didáctica e tan demandada polo noso alumando
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DESPEDIDA DA NOSA LECTORA DE FRANCÉS

Despois de pasar o primeiro cuadrimestre no Otero Pedrayo, con moito pesar, tocounos despedir á nosa auxiliar de conversa, Salomé Martín.
Grazas, Salomé, por todo o regalado ao noso alumnado: por esas prácticas de conversa, por ser para el un modelo de corrección lingúística, por achegarlle un pouquiño máis a cultura do teu país..., pero tamén pola túa dozura, a túa adicación e o teu bo pracer. Foi unha experiencia moi enriquecedora.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

INTERCAMBIO GALIMIENS

A pasada semana remataba a segunda parte do intercambio Galimiens coa visita do alumnado francés a Ourense.
Foron sete días de convivencia cos nosos rapaces e rapazas, nos que coñeceron o noso museo e o noso centro, asistiron a clase, tiveron sesións especiais de laboratorio, plástica e deporte, foron recibidos no Concello e fixeron unha visita guiada á nosa cidade, gozaron das termas e aínda lle deu tempo de facer unha excursión a Compostela! Toda unha experiencia que queda gravada nos corazóns dos nosos nenos e nenas.
Grazas ao departamento de Francés por tanto e tan bo traballo. Grazas ás nosas familias por ofrecer un excelente acollemento.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

INTERCAMBIO FRANCIA

O alumnado de Francés de 3º de ESO viaxou a Francia no marco do programa de intercambio Galimiens (7 días), que se viu complementado coa visita cultural e turística a París (3 últimos días).
Foi toda unha experiencia de convivencia e aprendizaxe, con asistencia ás aulas cos compañeiros e compañeiras franceses, actividades diversas (como a entrevista co campión do mundo de baloncesto Javier Beirán) e visitas guiadas da vila de Saint-Quentin, considerada un referente do estilo Art-Déco e punto estratéxico de relevancia tanto na Primeira coma na Segunda Guerra Mundial.
Ademais de mellorar as súas competencias en lingua francesa, este intercambio permitiulle ao noso alumnado coñecer modos de vida diferentes dos propios (horarios, costumes, gastronomía, vida escolar...) e tamén disfrutar dos lugares máis emblemáticos da fermosa Cidade da Luz.
A segunda parte desta actividade terá lugar entre o 23 e o 30 de maio, datas nas que as familias do noso alumnado acollerán nas súas casas aos seus "correspondants" franceses. Todos nós estaremos tamén encantados de recibilos no Instituto.
 
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA DA FRANCOFONÍA

Para celebrar esta efeméride, un food truck visitou o noso centro para impartirlle ao alumnado de 3º e 4º ESO un obradoiro de elaboración dun dos doces máis típicos da Bretaña francesa: as crêpes. A rapazada elaborou e degustou este riquísimo manxar. Grazas, departamento de Francés por estas actividades taaaaaaaaan ricas...

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PARÍS

 

La tour Eiffel, les Invalides, la Madeleine, la Place Vendôme, le Palais Garnier, la Sainte Chapelle, la Place des Vosges, la Place de la Bastille, Montmartre, Versailles, les Ponts de Paris, le Palais du Louvre, Concorde, , les Champs Élysées, les Arcs de Triomphe... e moito máis gozou o noso alumnado na cidade da luz. E é que Paris NUNCA defrauda... Que viaxe tan bonita tiveron os rapaces e rapazas de Francés de 1º BAC! Grazas, Departamento de Francés.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PARÍS

Con todas as visitas preparadas de antemán, cun completo caderno de traballo e, o máis importante, con toda a ilusión do mundo, collía o avión hoxe pola mañá o noso alumnado de Francés de 1º BAC cara a "ville lumière". Seguro vai ser unha semana inesquecible! París nunca defrauda.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2022/23

Distribuir contido


by Dr. Radut