Skip to Content

MURAL "POLA IGUALDADE"

ES PEC TA CU LAR. Este é o adxectivo máis apropiado para o mural que o alumnado de Plástica de 4º ESO, capitaneado pola súa profesora Sonia González, vén de rematar no patio exterior do Otero Pedrayo.
Foi un proxecto completo e moi ambicioso, que comezou cun remuíños de ideas, continuou con diferentes propostas dos rapaces e rapazas, elección das mellores e fusión nunca única representativa de todas elas, e rematou coa realización maxistral do mural, desde o branqueo do muro ata o impecable acabado.
Parabens ao Departamento de Plástica e, en particular, á profe Sonia González por un traballazo tan impresionante. Porque non se pode rematar mellor o curso!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.


story | by Dr. Radut