Skip to Content

REVISANDO A PIET MONDRIAN

 

Este é o nome do proxecto que o departamento de Plastica está a desenvolver neste mes de maio. O noso alumnado de 3º ESO formouse en grupos e asignou roles a cada un deles, investigou sobre Piet Mondrian, interpretou a obra do pintor e preparou unha impresionante exposición nun dos patios internos do centro.
A guinda final ao proxecto é a visita guiada que o alumnado participante lle está a facer aos seus compañeiros e compañeiras, acercando a obra de Mondrian mediante unha exposición oral completa, clara e, sobre todo, entusiasta. Traballo 10.
Grazas a Manuel Sánchez por estas iniciativas tan, tan chulas.
 
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.


story | by Dr. Radut