Skip to Content

Taboleiro

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Hoxe pola tarde, en Santiago de Compostela, o director do IES Otero Pedrayo, Daniel Lorenzo Valdivieso, acompañaba o noso ex alumno ADRIÁN VÁZQUEZ VELASCO no acto de entrega de diplomas dos premios extraordinarios de Bacharelato.
 
Parabéns, Adrián, unha vez máis. Orgullo de alumnado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

BOLSAS AMANCIO ORTEGA

Ábrese prazo para a petición das Amancio Ortega para alumnado de 4º ESO que desexe cursar 1º BAC en Estados Unidos ou Canadá.

Mais información

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO: PARABÉNS ADRIÁN

ADRIAN VÁZQUEZ VELASCO, alumno do IES Otero Pedrayo, é un dos tres alumnos de Ourense (vinte en Galicia), que vén de acadar o premio extraordinario de Bacharelato. Parabéns, Adrian! Que orgullo de alumnado!
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS / PAIS / TITORES LEGALES

Horas de atención e correo electrónico dos titores/ as e de todo o profesorado para nais, pais e titores legais do noso alumnado. Se non se trata de algo urxente, recoméndase pedir cita previa (chamando ao centro ou por medio do alumno/a), para que o/a docente poida solicitar toda a información necesaria ao resto do profesorado que imparte materias no grupo.

Este curso a atención seguirá a ser principalmente telefónica, sendo os titores/as quen se porá en contacto coas familias a través dos teléfonos indicados na matrícula. Os horarios atópanse premendo arriba ou nos documento adxuntos.

 

CALENDARIO FIN DE CURSO, XUÑO 2021

CALENDARIO DE EXAMES 2º BAC - XUÑO 2021

Convocatoria extraordinaria de xuño, 2021:

Os exames de 2º Bacharelato e materias pendentes de 1º Bac. serán os días 18, 21 e 22 de xuño nas aulas e horas que se indican aquí

 

Premios extraordinarios de bacharelato

Convocados os premios extraordinarios para o alumnado que finalizou os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, foi proposto para título na convocatoria ordinaria e obtivo unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 26 de maio de 2021.

Toda a información sobre esta convocatoria atópase no portal edu xunta

Notas 2ª Avaliación

Estimadas familias:

Os boletíns de notas da ESO e 1º Bacharelato entregaranse ao alumnado o venres, 26 de marzo durante a xornada escolar. Tamén se publicarán en ABALAR ese mesmo día.

 

ENTROIDO 2021

 
 
Aínda que a situación actual non permitiu facer desfile de Entroido, a cor, a ilusión, as risas, a alegría... non faltaron hoxe no Otero Pedrayo. Houbo moitísima participación no concurso de disfraz-aula e o xurado non o tivo nada fácil. Parabéns aos gañadores (DYSNEY, de 2° BAC e HAI VODA!, de 3° ESO) e... QUE VIVA O ENTROIDO!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PARABÉNS TERESA

A nosa alumna María Teresa Rey Martín-Aragón, actualmente en 2º da ESO, vén de quedar finalista no XXIX Concurso de Pintura Infantil y Juvenil para centros escolares 2019-2020, convocado por Patrimonio Nacional co seu debuxo "Palacio en flor". Mil parabéns, Teresa, por un recoñemento tan merecido. Orgullo de alumnado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut