Skip to Content

Taboleiro

EXAMES DE MATERIAS PENDENTES - ESO E BACHARELATO

Os exames de materias pendentes no presente curso, 2020-21, terán lugar en abril para o alumnado de 2º Bacharelato -Diurno e Adultos-O alumnado da ESO realizaraos durante o mes de maio, nas datas e aulas que se indican a continuación:

 

PARABENS ALBA

Alba Cid, ex alumna do IES Otero Pedrayo, vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía Joven do Ministerio de Cultura co seu libro "Atlas". Moitos parabéns, Alba, e a seguir colleitando éxitos! (artigo de La Región)

 

 IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ACCESO Á AULA VIRTUAL POR PARTE DO ALUMNADO

Debido á situación de incerteza na que nos atopamos, e tentando traballar coa maior previsión posible, dende o centro está a traballarse para que todo o alumnado poida, en caso de ser necesario, seguir a actividade docente dende as súas casas a través da nosa AULA VIRTUAL.

 

A maior parte do alumnado xa traballou desde a nosa plataforma, sabendo xa utilizala.

Para facilitar o acceso á mesma para o alumnado novo, temos elaborado uns vídeos nos que queremos guialos nos primeiros pasos que dean na nosa plataforma.

O primeiro que teñen que facer é acceder á AULA VIRTUAL (podedes acceder a ela clicando na imaxe)

Na aula atópanse todos os cursos que se desenvolven no centro. Para acceder a eles hai distintas opcións:

  • como convidados (non é necesario  indentificarse )
  • como convidados con contrasinal (que lles facilitará o docente de cada curso)
  • como usuario identificado

Esta última opción é a que máis nos interesa, xa que permite ao alumno/a entrar nos cursos que nos que estea matriculado e alí realizar actividades, entregar tarefas ou comunicarse co seu docente.

 

No primeiro vídeo explicámosvos como entrar identificados na aula Virtual (fai clic na imaxe para entrar)

 

Unha vez dentro é necesario, se é o primeiro acceso, cambiar o contrasinal (a unha persoal) e comprobar a conta de correo electrónico e cambiala en caso de ser necesario. Isto explícase no seguinte vídeo (clica na imaxe)

 

PARABÉNS A SOFÍA

Comprácenos moito compartir con toda a comunidade educativa do IES Otero Pedrayo a nosa ledicia polos grandes resultados do noso alumnado nas probas ABAU e, en especial, da nosa alumna Sofía Salgado Pontón, que obtivo a mellor nota da provincia e unha das mais altas de Galicia.

Os nosos parabéns para ti, Sofía, que extendemos a todo o alumnado, polo excelente remate deste curso tan duro. Unha aperta moi grande.

Sofía Salgado Pontón

https://www.laregion.es/articulo/ourense/estudiante-otero-pedrayo-mejor-nota-selectividad-ourense/20200720142606961497.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2020/07/21/sacar-nota-alta-condicionante-elegir-determinados-estudios/0003_202007O21C4991.htm

PARABÉNS LUCÍA

La alumnna Lucía Rodríguez  Fontanes, de 2ºESO A, foi a gañadora do VIII concurso de  microrelatos "Galicia  Máxica" convocado polo  Concello de Ourense.

Se queredes gozar da súa lectura, facede  clic aquí.

Parabéns Lucía

PREMIO EXTRAORDINARIO SECUNDARIA OBLIGATORIA

O noso alumno Adrián Vázquez Velasco ven de recibir o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19 acandando unha das puntuacións máis altas de toda Galicia. PARABÉNS

Distribuir contido


by Dr. Radut