Skip to Content

SEMANA ESCOLAR NA ESCOLA. AMOR AMARGO, JOSÉ ANTONIO PEROZO RUÍZ

 

Un ano máis, O IES Otero Pedrayo participou na “Semana Escolar da Provincia”, organizada pola Deputación de Ourense. Neste curso, o noso alumnado foi agasallado co libro de José Antonio Perozo Ruíz, Amor Amargo,  que leu na aula durante o proxecto lector e logo traballou sobre el. A temática da igualdade, que trata a novela,  está sempre presente no noso centro e o traballo último  do noso alumnado sobre relacións tóxicas e relacións saudables  quedou magnífico!

Se queres ver algún traballo mais fai clic aquí


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VISITA A AIMEN TECHNOLOGY CENTRE

 

O alumnado de 1º BAC TEC visitou  o centro tecnolóxico ubicado no Porriño AIMEN. A visita tivo unha duración aproximada de 2 horas e puideron ver os dous centros cos que contan: o Centro de Torneiros, Edificio Armando Priegue, onde visitaron os laboratorios  de metalografía e análise químico, así como o taller mecánico. Daí, trasladáronse a o outro edificio, Centro de Aplicacións Láser, onde puideron ver a nave de tecnoloxías láser. Foi todo unha experiencia. Grazas ao Departamento de Tecnoloxía polo vosa implicación neste tipo de actividades.

Os dejamos el enlace a su Instagram para por si quereis la demostración que nos hicieron del manerjo de un robot (visita Otero Pedrayo)

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

 

 

ACTIVIDADES SEMANA DO 3 AO 7 DE FEBREIRO

ACTIVIDADES SEMANA DO 27 AO 31 DE XANEIRO

VI PREMIO BENTO SPINOZA DE ENSAIO

 

Xurxo Gerpe e Lucía de Luis, alumno e alumna do IES Otero Pedrayo, participaron onte como xurado na VI edición do Premio Bento Spinoza de ensaio, convocado polo IES Rosalía de Castro de Santiago. A nosa alumna defendeu a obra gañadora, "De animais a deuses. Breve historia da humanidade", do autor israelita Yuval Noah Harari, e foi a encargada de ler o fallo. Foi una experiencia moi enriquecedora para o noso alumnado. Grazas ao Rosalía de Castro por contar co IES Otero Pedrayo unha vez máis.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

NO OTERO, POLA IGUALDADE.“A MULLER NO DEPORTE”

 

"A muller no deporte" encetou o ciclo de conferencias centrado na muller que o IES Otero Pedrayo botou a andar onte mesmo.

É unha das actividades enmarcadas dentro do seu Plan de Igualdade e terá continuidade nos vindeiros meses con outras charlas, nas que se analizará o papel da muller noutros ámbitos: na política, na ciencia, na literatura...
Ane Santesteban, ciclista profesional olímpica; Zulema González, árbitra internacional e Sonia Pacios, xogadora de fútbol-sala en Primeira División foron as convidadas de luxo que abriron este ciclo. O alumnado tivo a ocasión de coñecer a súa vida deportiva e  facer todo tipo de preguntas ligadas coa súa condición de muller no deporte de élite. Toda una honra para o Otero! Grazas ás tres por poder contar con vós

Enlace á nota de prensa en La Voz de Galicia

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ACTIVIDADES SEMANA DO 20 AO 24 DE XANEIRO

ACTIVIDADES SEMANA DO 13 AO 17 DE XANEIRO

GAÑADORES CONCURSO OUTONO FOTOGRÁFICO 2019/20

Xa temos gañadores do concurso Outono Fotográfico no Otero Pedrayo. Os gañadores foron:

  • Xián López Conde (1º ESO) na categoría da ESO
  • Alejandro Velo  Vallejo (2º  BAC) na categoría de Bacharelato

Grazas a todos/ as pola vosa participación 

ACTIVIDADES SEMANA DO 16 AO 20 DE DECEMBRO

Distribuir contido


by Dr. Radut