Skip to Content

DÍA MUNDIAL DA SIDA

A SIDA segue a ser un grave problema de saúde pública. No mundo, a día de hoxe, hai 38 millóns de persoas que viven co VIH. É por isto que o alumnado do Otero Pedrayo está a traballar esta semana, nas horas de titorías, a problemática deste virus a través de xogos e pequenos vídeos que levan á reflexión e ao debate.
Alén do anterior, hoxe quixemos visibilizar a efeméride uníndonos á campaña que lanzou a ONU co lema "Solidariedade mundial, responsabilidade compartida", proxectando na pantalla da entrada información relevante sobre a SIDA.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDA

25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER

 
 A lectura do manifesto, a colocación da pancarta, o desfile- concurso das "Máscaras contra a violencia", a música, o cine fórum contra a violencia... son algunhas das actvidades que hoxe se levaron a cabo no noso IES para visibilizar esta outra pandemia que estamos a sufrir en pleno século XXI, a violencia machista.
 
Rechazamos enerxicamente calquera tipo dela, verbal ou física, por moi sutil que esta sexa porque, no Otero, querémonos sen violencia!
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Destinatarios:

Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que cumpra algún dos seguintes requisitos, entre outros:

‐ Non teñen que presentar a solicitude: O alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21

 

‐ Teñen que presentar a solicitude: O alumnado non beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• pertencer a familias cuxa renda percápita fora igual ou inferior a 6.000,00 € - Renda do 2018-

• Alumnado matriculado en educación especial

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia

• Alumnado con grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

SOLICITUDES (para aquel  alumnado non beneficiario da axuda para adquirir material  escolar no  curso 2020/21 e que cumpra algunha das condicións anteriores)

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial nas oficinas do centro en horario de 9:00 de 13:30

Prazo:  do 16 ao 27 de novembro de 2020. 

LIGAZÓN  Á CONVOCATORIA

 

BACHARELATO DE EXCELENCIA EN CIENCIAS E TECNOLOXÍA (STEMBACH) 20/21

O BACHARELATO DE EXCELENCIA EN CIENCIAS E TECNOLOXÍA (STEMBACH) botou a andar este curso no Otero Pedrayo. Está baseado no traballo previo en acuarioloxía e integra un conxunto de saberes, procedementos e técnicas de ampla base científica, co obxectivo de manter ou criar especies acuícolas en ambientes controlados e usos estéticos, decorativos ou comerciais.
Grazas ao profesor Juan Luis Neira González pola súa implicación e o seu bo facer desde o minuto cero, así como ao profesor Gonzalo Fernández Cortiñas polo seu traballo desinteresado desde o primeiro día.
E como non, parabéns ao noso alumnado do STEMBACH polo magnífico labor que están a realizar.
 
 
 
ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

QUINTEQUEST

QuinteQuest é o primeiro Escape Room en liña, competitivo, de temática científica, entre institutos. Sara Fariña, Jose Blanco e Luis Fernández enfrontáronse a probas de bioloxía, xeoloxía, física, química, matemáticas e tecnoloxía. Parabéns pola vosa participación e grazas á profe Beatriz Valiñas pola inscrición neste tipo de actividades tan innovadoras.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

PARABENS ALBA

Alba Cid, ex alumna do IES Otero Pedrayo, vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía Joven do Ministerio de Cultura co seu libro "Atlas". Moitos parabéns, Alba, e a seguir colleitando éxitos! (artigo de La Región)

 

 IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CHARLA DE JOSÉ RAMOS VIVAS (MICROBIÓLOGO)

As actividades de máxima calidade continúan no IES Otero Pedrayo. Se as circunstancias actuais nolo permiten, o noso alumnado vai ter o luxo de escoitar a un dos microbiólogos de maior prestixio do panorama actual: José Ramos Vivas, ex alumno do centro. 

José Ramos Vivas é investigador e divulgador científico no Instituto de Investigación Sanitaria Valdecilla Idival, en Santander, onde dirixe o laboratorio de Microbioloxía. Realizou estancias postdoctorais no Instituto Pasteur de París, no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) e no Centro de Investigacións Biolóxicas (CIB) do CSIC en Madrid, na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e no Wellcome-Wolfson Institute for Experimental Medicina de Belfast. Imparte docencia no Máster de Bioloxía Molecular e Biomedicina e no Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios da Universidade de Cantabria, en Santander (España), onde tamén colabora coa Escola de Doutorado. É autor dos libros Súper-bacterias, El arte de la tesis doctoral ou Historia de las bacterias patógenas

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

MUSEO IES OTERO PEDRAYO

 

 

 Conchita López, Maria José Camba, Maita Borrajo e Ramón Romero

 No día de hoxe o  diario A Región publica un artigo sobre a museización no noso IES. 

 Despois dun traballo de máis de 20 anos, o noso museo inaugurouse o venres 12 de xuño de 2009, ás 20 horas, coa presencia de autoridades da Consellería de Educación e autoridades provinciais, grazas á restauración especializada e á preparación dun espazo de exposición adaptado ás necesidades do centro e que conservou durante estes anos o noso patrimonio en perfectas condicións.

Traballo impagable de docentes como Conchita López, María Xosé Camba,  Maita Borrajo, Ramón Romero,  Antonio Villar, Arturo Fernández ou Luis Fernández entre outros moitos.

A súa dedicación e amor polo patrimonio permitiu ter a primeira sección de MUPEGA nun IES histórico e que hoxe poidamos polo a disposición de toda a cidadanía

 

 

GALICIA, DE NÓS A NOS

Dentro da programación polo centenario da revista e o grupo Nós, o alumnado do IES Otero Pedrayo puido visitar a semana pasada a exposición "Galicia, de Nós a nós", que reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós. O obxectivo é destacar o legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron decididamente, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da lingua e da cultura galega. Iso si, a visita fixémola en liña, desde o noso Paraninfo, e gardando todas as medidas de seguridade. A educación e a cultura son seguras.

 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MUSEO DO OTERO PEDRAYO

O IES Otero Pedrayo conta cun magnífico museo, pertencente á rede MUPEGA (Museos Pedagóxicos de Galicia), que este ano loce nos corredores e no Paraninfo, museizando deste xeito todo o centro educativo.
 
 
Co obxectivo de poñelo en valor, o alumnado pode gozar dunha completa visita guiada a cargo da profesora Pilar Rodríguez Vázquez, na que coñecen a historia de cada unha das nosas pezas.
 
 
 
Indo un paso cara adiante, a través do "Club de Ciencia" que desenvolvemos no instituto, este curso estamos a traballar na elaboración dunha audio-guía para que calquera visitante que se achegue a coñecer o "Museo do Otero Pedrayo", poida escoitar unha detallada explicación de cada unha das pezas. O obxectivo é que o próximo curso estea dispoñible en galego, castelán, francés e inglés, facendo deste xetio o proxecto interdisciplinar.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut