Skip to Content

FASE NACIONAL DA OLIMPIADA DE QUÍMICA

 
O IES Otero Pedrayo, grazas ao magnífico traballo de ADRIÁN VÁZQUEZ e MARTA REINO, clasifícase para a Fase Nacional da Olimpíada de Química 2021!
É un orgullo contar con catro alumno e alumnas do Otero Pedrayo ( Adrián Vázquez, Marta Reino, Nerea Vilas e Eva Espinosa) entre os seis mellores clasificados da Universidade de Vigo.
Parabéns ao noso alumnado e parabéns ao Departamento de Química, en concreto ao profesor José Miguel López, polo seu estupendo traballo.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CALENDARIO ABAU 2023

 

LIGAZÓN: Calendario ABAU 2023

 

OLIMPÍADA DE QUÍMICA

Nerea Vilas, Diego Sánchez, Eva Espinosa, Marta Reino e Adrián Vázquez representaron hoxe ao IES OTERO PEDRAYO na Olimpíada de Química. O esforzo, o traballo e a ilusión que poñen os nosos rapaces e rapazas en cada actividade na que participan é incrible. Parabéns! Orgullosos/as do noso alumnado.

Nova no Faro de Vigo

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PARABÉNS ADRIÁN VÁZQUEZ, OLIMPIADA FÍSICAS

O IES OTERO PEDRAYO, grazas ao excelente traballo de ADRIÁN VÁZQUEZ, está na FASE NACIONAL DE FÍSICA! 

Mil parabéns, Adrián; merecidísimo este pase directo á nacional.

Orgullosas/os do noso alumnado!


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Charla: VIOLENCIA DE XÉNERO E DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE IDENTIDADE SEXUAL E/OU ORIENTACIÓN

A CRUZ VERMELLA visitou o IES Otero Pedrayo para falar co alumnado de 4° da ESO sobre VIOLENCIA DE XÉNERO E DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE IDENTIDADE SEXUAL E/OU ORIENTACIÓN, pechando así as III Xornadas "No Otero, pola Igualdade", co gallo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller. 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

XXIX CONCURSO DE PINTURA DE PATRIMONIO NACIONAL

O IES OTERO PEDRAYO , grazas ao magnífico traballo 'Palacio en flor ' de MARÍA TERESA REY MARTÍN-ARAGÓN, foi o único centro galego finalista no XXIX CONCURSO DE PINTURA DE PATRIMONIO NACIONAL. 

Parabéns para ela e para o demais alumnado participante.

Grazas, tamén, ao Departamento de Plástica, concretamente á profesora Sonia González Hernández, polo seu magnífico traballo.

 

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

COIDAR(NOS), QUERER(NOS): RESPONSABILIDADE E AFECTIVIDADE

 

 A psicóloga Andrea Sieiro Paz visitou onte o noso centro para falarlles á rapazada de 1° Bac dos coidados como fundamento do benestar e da feminización destes, así como da importancia do autocoidado.

COIDAR(NOS), QUERER(NOS): RESPONSABILIDADE E AFECTIVIDADE foi o nome da charla-obradoiro que non deixou indiferente a ninguén.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN é o título da charla- obradoiro á que asistiu hoxe o noso alumnado de 1° da ESO, aínda dentro da programación do 8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 

 

O obxectivo principal é proporcionarlles ás nosas mozas e mozos ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer calquera tipo de violencia, por moi sutil que esta sexa, nun mundo tan poderoso como é o da publicidade e os medios de comunicación. 

Grazas ao plan de innovación educativa, plan proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" por ofrecernos charlas tan interesantes e tan necesarias.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo está a desenvolver unhas novas xornadas "Pola igualdade", arredor da data do 8 de marzo. Charlas, obradoiros, confección de presentacións, lectura do manifesto, música pola igualdade, exposición de mulleres científicas... son algunhas das actividades que conforman estas xornadas.

 

NO OTERO, SEMPRE POLA IGUALDADE.

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MULLERES NA CIENCIA

MULLERES NA CIENCIA é o nome da exposición que xa loce no IES Otero Pedrayo.

Grazas a EXXPERIMENTA EN FEMININO, da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) por ofrecernos a posibilidade de coñecer a historia destas mulleres que fixeron unha contribución tan relevante ao mundo científico.

 

 


8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut