Skip to Content

MOVÉMONOS POLO GALEGO!

Baixo este lema, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC desenvolveu o mércores, xoves e venres da semana pasada unha actividade interdisciplinar (Departamento de Galego e Departamento de Educación Física) na que, despois de elaborar nas aulas un roteiro literario pola zona histórica de Ourense, puxérono en práctica a través dun xogo de orientación no que tiñan que ir descubrindo os diferentes puntos sinalados no percorrido e anotando a información de cada un deles a través dun código QR.

Foi unha actividade ben bonita, lúdica e tamén moi educativa, coa que o alumnado gozou moitísimo. 

Artigo na VOZ DE GALICIA

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CALENDARIO FIN DE CURSO, XUÑO 2021

FONDO SOCIAL

A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2021/22.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto desde hoxe ata o próximo día 22 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

Graduación 2º bacharelato 2020/21

 

 Para acceder fai clic aquí
 
 

RALLY CIENTÍFICO MATEMÁTICO

O grupo de 3º da ESO do IES OTERO PEDRAYO vén de acadar o 1º POSTO na fase galega do RALLY CIENTÍFICO MATEMÁTICO, celebrado o pasado 14 de abril. O alumando está desexoso de acudir á entrega de premios e realizar esa Ruta científica-matemática no Camiño de Santiago, coa que vai ser agasallado.

 

 

Moitos parabéns, rapazada, a vós e á vosa profesora, Rosa Álvarez, polo seu traballo e a súa adicación.           

 

Enlace ó artigo de "LA REGIÓN"             

 

ENSINO PÚBLICO, ENSINO DE CALIDADE

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 

No DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA, o alumnado do IES OTERO PEDRAYO saíu ao Xardín do Posío para visibilizar e pór en valor a importancia do deporte nunha vida saudable.
Sumámonos á celebración con coreografias, voleibol, xogos populares, deportes alternativos..., acompañados dunha merenda sa a base de froita.
Grazas ao Departamento de Educación Física polo voso esforzo e a organización impecable da actividade.


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

RALLY MATEMÁTICO "SEN FRONTEIRAS" 20-21

Onte foi tarde de rally matemático no IES Otero Pedrayo. A rapazada traballou arreo e agora espera con ilusión os resultados desta primeira Fase de Centros.
Grazas ao Departamento de Matemáticas, concretamente a Rosa Álvarez, Rosa Pinal e Lucía Ferreiro, polo traballo e a preparación que hai por tras de cada unha destas probas.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA MUNDIAL DA ARTE

 

Un 15 de abril de 1452 nacía en Italia o gran humanista Leonardo da Vinci e é por iso que, desde 2012, celebramos todos os 15 de abril o Día Mundial da arte.
No IES Otero Pedrayo sumámonos á conmemoración e reivindicamos as ensinanzas artísticas pola enorme importancia que estas teñen na educación do noso alumnado; porque a arte son pontes, é diálogo, é interculturalismo..., é educación inclusiva e equitativa.
Hoxe, a nosa rapazada saíu ao exterior para visibilizar e pór en valor a importancia da arte e do pensamento creativo.
Grazas ao Departamento de Plástica, concretamente a Sonia González e Manuel Sánchez, por estas magníficas iniciativas.
  
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS!

Non hai ninguén mellor ca o noso alumnado de 3º ESO para explicar as matemáticas. Pica no enlace, entra en cada un dos vídeos e dálle "me gusta" para converter á rapazado do IES Otero Pedrayo nos gañadores/as do Concurso de vídeos de matemáticas en galego "Explícoche matemáticas"

 

 

ENSINO PÚBLICO- ENSINO DE CALIDADE

 

O IES OTERO PEDRAYO NA TVG

 

O "Aquelando con chispa", programa científico da televisión galega para a rapazada, contou onte coa participación do noso alumnado. Foi unha experiencia moi bonita e divertida que, en breve, poderemos ver todos e todas nas nosas pantallas. Irémosvos informando!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut