Skip to Content

125 ANOS DE HISTORIA do IES OTERO PEDRAYO

Onte, o Telexornal Serán da TVG facíase eco dos 125 anos de historia do noso centro e destacaba o proceso de musealización de todo edificio histórico no que alumnado e profesorado está a traballar (facer clic na foto para acceder o vídeo)

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ROTEIRO NOS

 

O IES Otero Pedrayo foi hoxe o punto de partida do Roteiro Nós, organizado polo CAFI. 
Afonso Vázquez Monxardín abriu a actividade cunha interesante conferencia sobre Nós no Paraninfo do noso centro. É unha honra acoller sempre actos desta calidade.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CHEGOU O SAMAÍN

 

O Samaín está ás portas..., e no Otero Pedrayo estamos preparadas para recibilo!

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR

No IES Otero Pedrayo renovaranse os seguintes conselleiros: 3 docentes e 3 alumnos/as.

O sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral (titulares e suplentes) terá lugar o próximo mércores 27 de outubro ás 11:05 no Paraninfo do IES.

O día 2 de novembro terá lugar a reunión de constitución da Xunta Electoral e publicitaranse o calendario e os censos.

DÍA DAS ESCRITORAS NO OTERO PEDRAYO

Lémolas, coñecémolas, reivindicámolas.

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

XIV edición da ESTALMAT: ESTÍMULO DE TALENTO MATEMÁTICO

O pasado sábado inaugurábase na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela a XIV edición da ESTALMAT, na que participará o noso alumnado ANA CASCÓN PADRÓN e SANTIAGO BOUCHÓN HUAITA, xunto cos dezasete restantes compañeiros e compañeiras seleccionados en Galicia (só un máis de Ourense).

Rosa Pinal e Emilia González, profesoras de matemáticas do noso centro, en representación do resto do profesorado, deron un discurso cheo de ánimo.

É unha honra para o Otero Pedrayo estar representado en programas da calidade do ESTALMAT. Parabéns ao profesorado de matemáticas pola súa estupenda labor e, sobre todo, parabéns a Ana e Santiago polo logro acadado. Orgullo de alumnado.

 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

BOLSAS AMANCIO ORTEGA

Ábrese prazo para a petición das Amancio Ortega para alumnado de 4º ESO que desexe cursar 1º BAC en Estados Unidos ou Canadá.

Mais información

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO: PARABÉNS ADRIÁN

ADRIAN VÁZQUEZ VELASCO, alumno do IES Otero Pedrayo, é un dos tres alumnos de Ourense (vinte en Galicia), que vén de acadar o premio extraordinario de Bacharelato. Parabéns, Adrian! Que orgullo de alumnado!
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS / PAIS / TITORES LEGALES

Horas de atención e correo electrónico dos titores/ as e de todo o profesorado para nais, pais e titores legais do noso alumnado. Se non se trata de algo urxente, recoméndase pedir cita previa (chamando ao centro ou por medio do alumno/a), para que o/a docente poida solicitar toda a información necesaria ao resto do profesorado que imparte materias no grupo.

Este curso a atención seguirá a ser principalmente telefónica, sendo os titores/as quen se porá en contacto coas familias a través dos teléfonos indicados na matrícula. Os horarios atópanse premendo arriba ou nos documento adxuntos.

 

BLOG DO MUSEO PEDAGÓXICO DO IES OTERO PEDRAYO

Co obxectivo de darlle máis visibilidade ó noso Museo, a finais do curso pasado, 2019-2020, as pezas que o compoñen trasladáronse dende o sótano, onde estaba ubicado, a vitrinas expostas nos corredores do edificio histórico.

 

Para seguir o proceso, estase a elaborar unha Audioguía, para que calquera visitante que se achegue a coñecer o Museo do IES “Otero Pedrayo” poida escoitar unha explicación acerca dos obxectos, instrumentos ou aparatos que se atopan nas diversas vitrinas. Esta Audioguía estase a realizar nos idiomas galego, castelán, francés e inglés.

Simultaneamente con ese proxecto, e incidindo na maior visibilidade posible do Museo, creouse este blog (museoiesoteropedrayo.blogspot.com), onde se amosarán todas as actividades relacionadas con el.

Distribuir contido


by Dr. Radut