Skip to Content

BLOG DO MUSEO PEDAGÓXICO DO IES OTERO PEDRAYO

Co obxectivo de darlle máis visibilidade ó noso Museo, a finais do curso pasado, 2019-2020, as pezas que o compoñen trasladáronse dende o sótano, onde estaba ubicado, a vitrinas expostas nos corredores do edificio histórico.

 

Para seguir o proceso, estase a elaborar unha Audioguía, para que calquera visitante que se achegue a coñecer o Museo do IES “Otero Pedrayo” poida escoitar unha explicación acerca dos obxectos, instrumentos ou aparatos que se atopan nas diversas vitrinas. Esta Audioguía estase a realizar nos idiomas galego, castelán, francés e inglés.

Simultaneamente con ese proxecto, e incidindo na maior visibilidade posible do Museo, creouse este blog (museoiesoteropedrayo.blogspot.com), onde se amosarán todas as actividades relacionadas con el.



page | by Dr. Radut