Skip to Content

O NOSO HORTO

O cariño e os mecos cos que o alumnado do Otero Pedrayo coida o noso horto, fan que luza así de bonito! Dá gusto ver os chícharos, os allos, os amorodos...
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EXPOSICIÓNS 15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE.

Grazas ao Plan de Innovación Educativa, Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", xa loce no claustro do noso instituto a exposición 15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE.
É unha exposición de fotofrafía que aborda a arte baixo o prisma do xénero. Quince mulleres vítimas de violencia de xénero versionan obras de arte moi populares, como "La maja vestida" de Goya ou a "Gioconda" de Leonardo da Vinci.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

PARABÉNS TERESA

A nosa alumna María Teresa Rey Martín-Aragón, actualmente en 2º da ESO, vén de quedar finalista no XXIX Concurso de Pintura Infantil y Juvenil para centros escolares 2019-2020, convocado por Patrimonio Nacional co seu debuxo "Palacio en flor". Mil parabéns, Teresa, por un recoñemento tan merecido. Orgullo de alumnado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CURSO 2021-2022

Informamos que, en colaboración coas autoridades educativas, estanse a facer todas as xestións posibles para intentar que, se a situación sanitaria non establece condicións máis restrictivas que as actuais, o horario lectivo de Bacharelato no curso 2021/2022 do IES Ramón Otero Pedrayo recupere a quenda de mañá.

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Publicada no DOG  a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (ligazón á orde).


O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, CEIP A Inmaculada, CEIP Irmáns Villar, CPR San José, CPR Santa Teresa de Jesús), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe  ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

SUPERBACTERIAS: JOSÉ RAMOS VIVAS

"Superbacterias resistentes aos antibióticos. Como chegamos ata aquí?". Este foi o título da charla que un dos microbiólogos de maior prestixio do panorama actual, investigador científico da Universidade de Cantabria e ex-alumno do Otero Pedrayo, JOSÉ RAMOS VIVAS, veu dar hoxe ao alumnado do noso centro. Afortunados e agradecidos nos sentimos por poder contar con actividades desta calidade. Grazas a Mari Carmen Cid Manzano, antiga profesora de Ramos Vivas no Otero, pola súa presentación, e grazas tamén a Beatriz Valiñas, profesora na actualidade, por organizar conferencias tan brillantes como estas.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

JAVIER GÓMEZ NOYA

Javier Gómez Noya, un dos mellores triatletas da historia, cinco veces campión do mundo, estivo hoxe coa rapazada do Otero Pedrayo! Hábitos saudables e deporte foron os temas principais arredor dos que xirou esta charla en liña na que o noso alumnado, xunto co doutros seis centros espallados pola península, tivo a oportunidade de preguntarlle todas aquelas curiosidades arredor da súa vida deportiva e os seus hábitos. A masterclass foi interesantísima e a participación dos rapaces e rapazas moi alta. Todo un luxo!
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

FOTOS E COVID

No IES Otero Pedrayo, fíxose hoxe entrega dos premios ás mellores 'fotografías con lema' presentadas ao concurso "Fotos e Covid", convocado polo Equipo de Dinamización Lingúïstica.
Noraboa a Elías González e Sandra Rodríguez por eses primeiros premios na categoría da ESO e BAC, respectivamente, así como ao resto dos compañeiros e compañeiras que se fixeron cos segundo e cos varios terceiros premios. Grazas, ademais, a todos os/as participantes por construír unha exposición tan bonita. Que orgullo de alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CONTIGO NA NUBE

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo participou na VIII Semana Escolar Provincial organizada pola Deputación de Ourense, desta volta centrada no acoso escolar e a violencia de xénero. O noso alumnado de 3° e 4° da ESO leu a novela de Xosé A. Perozo coa que foi agasallado, "Contigo na nube", e agora traballará o contido do libro e exporá os seus traballos ao resto dos compañeiros e compañeiras.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

 

O NOSO HORTO: SEMENTEIRA

Co cambio de lúa, chegou a primeira sementeira aos hortos do IES Otero Pedrayo. Chícharos, allos, perexil, espinacas de inverno... son algúns dos produtos que este ano, esperemos, nazan nos nosos terreíños. O alumnado de 1º da ESO púxolle todo o amor posible!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut