Skip to Content

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

A entrega de documentación no centro farase con cita previa solicitada no número de teléfono 988 22 02 47

  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído

REINCORPORACIÓN DO ALUMNADO 2º BACHARELATO

Ante as noticias aparecidas nos medios de comunicación e as múltiples chamadas recibidas a dirección do centro manifesta que:

  • Todavía non temos confirmación oficial por parte das autoridades educativas para a reincorporación ás actividades lectivas.
  • Estamos traballando para que, no caso de confirmarse a reincorporación, esta se produza en condicións de seguridade sanitaria.
  • Comprometémonos a informar ao alumnado e ás súas familias en canto teñamos novidades 

O equipo directivo

PARABÉNS LUCÍA

La alumnna Lucía Rodríguez  Fontanes, de 2ºESO A, foi a gañadora do VIII concurso de  microrelatos "Galicia  Máxica" convocado polo  Concello de Ourense.

Se queredes gozar da súa lectura, facede  clic aquí.

Parabéns Lucía

FLEXIBILIZACIÓN DOS CRITERIOS DE TITULACIÓN

Trala publicación das Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que permiten aos centros flexibilizar os criterios de titulación en todas as etapas educativas, a CCP do IES Otero Pedrayo decidiu que:

Flexibilizaranse os criterios de titulación se:

  • se considera que a situación excepcional prexudicou a evolución académica do alumno que doutro xeito podería ter acadado avaliación positiva en todas as materias
  • a xunta de avaliación considera que o alumno adquiriu os obxectivos xerais da etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico

Non se titulará en ningún caso se existe abandono obxectivo de ao menos unha materia antes da declaración do estado de alarma e non tratou de recuperalo de ningún xeito durante a declaración do mesmo ou nos procedementos que se establezan na convocatoria extraordinaria de setembro.

A aplicación de ditos criterios será decida de xeito colexiado pola xunta de avaliación respectiva.

A nota da avaliación ordinaria será a media das dúas primeiras avaliacións, podendo ser incrementada ata nun 20% polo traballo realizado na terceira avaliación

A data das sesións de avaliación de 2º de Bacharelato será o 8 de xuño. No resto de niveis terán lugar os días 22 e 23 de xuño.

Nos próximos días publicaremos unha addenda de cada programación didáctica onde se explicitarán todos os aspectos concretos de cada materia (contidos, recuperación das dúas primeiras avaliacións, recuperación de pendentes entre outros)

COMUNICADO DO CENTRO

Prezadas familias:

Tras a publicación das “Orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019/20”, gustaríanos trasmitirlles que no IES Otero Pedrayo estamos agardando á súa concreción definitiva por parte das autoridades educativas para informar debidamente da súa aplicación ao noso alumnado, especialmente no que aos criterios de promoción e titulación atinxe. Sabemos que son momentos de incerteza e preocupación polo futuro dos seus fillos. Pero pedímoslle comprensión pois, como centro, non podemos adiantar decisións que non nos corresponde tomar. 

Tamén lles lembramos que estamos á súa disposición permanentemente no teléfono 690 076 116 e no enderezo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.es . Ao longo de estas semanas intentamos detectar as necesidades educativas do alumnado e subsanalas na medida das nosas posibilidades.  Por favor, non dubiden en contactarnos para calquera consulta ou para facilitarlles materiais escolares, algún ordenador portátil ABALAR dos que dispón o centro, etc.

Por último, queremos felicitalos pola madurez e responsabilidade que están a demostrar os seus fillos e fillas e mandarlles moitos ánimos.

Atentamente,

O equipo directivo

CUALIFICACIÓNS SEGUNDA AVALIACIÓN

Informamos que, por instrucións da Consellería, procederemos a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.  

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. Polo tanto, as notas poranse en función dos instrumentos de avaliación (exames, traballo na aula...) disponibles antes do 13 de marzo

 As cualificacións publicaranse por Abalar Móbil o 3 de abril, ás 14 horas. 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Prezadas familias

A partires de esta noite está accesible no menú lateral "ACTIVIDADES SUSPENSION CLASES CORONAVIRUS" da páxina web toda a información sobre como seguir telemáticamente cada materia e o contacto de cada docente.

Como saben, o estado de alarma impide a atención ao público de xeito presencial no centro. Poden contactar co equipo directivo no enderezo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.gal e no teléfono 690076116.

 

Desexámoslles a mellor das sortes nestes difíciles momentos e pedímoslles que lles manden un afectuoso saúdo aos seus fillos e fillas de parte dos seus profesores e profesoras.

PAUTAS FORMACIÓN NON PRESENCIAL

Ante o peche decretado polas autoridades, o IES Otero Pedrayo está a tomar todas as medidas precisas para garantir a atención telemática do alumnado. Á maior brevidade posible, estarán colgadas nesta páxina web no bloque lateral "ACTIVIDADES SUSPENSIÓN CLASES CORONAVIRUS" toda a información relativa á impartición do currículo de xeito non presencial

USO DA AULA VIRTUAL POR PARTE DO ALUMNADO

Ante a  rapidez coa que se están desenvolvendo os acontecementos relacionados coa epidemia do coronavirus, o Centro tivo que tomar medidas para evitar que os alumnos/ as véxanse o menos afectados coa suspensión da docencia directa.

Por isto estanse habilitando distintas canles de comunicación co alumnado.

Un deles, o máis utilizado, vai ser o uso da aula VIRTUAL do Centro.

O problema é que o alumnado de 1º ESO non utilizou aínda este sistema e isto pode xerar algún tipo de dúbidas neles ou as súas familias

Os pasos para entrar na aula virtual son os seguintes:

Entrar na aula virtual do centro

Unha vez alí hai dúas opcións, que o curso estea aberto a invitados, co cal non terían máis que clicar no curso para entrar nel, ou que o curso requira que o alumno entre identificado, Para o que tería que ir a ACCESO, e identificarse coas súas claves.

Para saber como acceder como alumno identificado facer  clic aquí para descargar a información explicativa

Os alumnos foron rexistrados co correo web que eles facilitou ou co que facilitaron os seus proxenitores / titores no momento da matrícula, e leste será o correo de recuperación de claves de conta en caso de non lembralas

Lede a información, o uso das aulas virtuais é moi sinxelo. Os alumnos de cursos superiores están afeitos aos seus uso e se tedes irmáns/ as maiores eles pódenvos botar unha man.

Ánimo, é moi sinxelo

 

 

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativo, premer no seguinte enderezo para consultala

 

Lèmbrase a toda a comunidade educativa a importancia das medidas de prevención, que, principalmente, están relacionadas cunha correcta hixiene personal no lavado das mans, e na responsabilidade de non acudir o Centro no caso de presentar síntomas.

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut