Skip to Content

COMUNICADO DO CENTRO

Prezadas familias:

Tras a publicación das “Orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019/20”, gustaríanos trasmitirlles que no IES Otero Pedrayo estamos agardando á súa concreción definitiva por parte das autoridades educativas para informar debidamente da súa aplicación ao noso alumnado, especialmente no que aos criterios de promoción e titulación atinxe. Sabemos que son momentos de incerteza e preocupación polo futuro dos seus fillos. Pero pedímoslle comprensión pois, como centro, non podemos adiantar decisións que non nos corresponde tomar. 

Tamén lles lembramos que estamos á súa disposición permanentemente no teléfono 690 076 116 e no enderezo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.es . Ao longo de estas semanas intentamos detectar as necesidades educativas do alumnado e subsanalas na medida das nosas posibilidades.  Por favor, non dubiden en contactarnos para calquera consulta ou para facilitarlles materiais escolares, algún ordenador portátil ABALAR dos que dispón o centro, etc.

Por último, queremos felicitalos pola madurez e responsabilidade que están a demostrar os seus fillos e fillas e mandarlles moitos ánimos.

Atentamente,

O equipo directivo



story | by Dr. Radut