Pode participar todo o alumnado que finalizase a ESO no curso 2019/20, fose proposto para título na convocatoria ordinaria e obtivese unha nota media da etapa igual ou superior a 9.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 27 de xullo ao 21 de agosto de 2020.
Aquel alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá 750 EUR e, ademais, un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.