Normalización

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA

En maio o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato participaron nunha viaxe á Santiago de Compostela. Pola mañá todo o alumnado e o profesorado acompañante disfrutaron dun roteiro polo casco histórico e visitaron a Facultade Xeografía e Historia. Pola tarde o alumnado de 4º ESO desprazouse ata o Parlamento mentres que o alumnado de 1º Bacharelato visitou a Catedral onde puideron ver o recentemente rehabilitado Pórtico da Gloria.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Antón Fraguas, realizouse unha exposición na entrada do centro na que o alumnado puido coñecer os aspectos máis importantes da vida deste relevante persoeiro da cultura galega. Ademais o alumnado de 1º ESO traballou a vida e obra deste personaxe empregando diferentes materiais didácticos entre eles os materiais da Semana Escolar das Letras Galegas enviados pola Diputación de Lugo e o alumnado de 4º ESO na materia de EPeV elaborou e expuxo na biblioteca do centro unha mostra de carteis relacionados coa celebracion do Día das Letras Galegas.

 

CORRELINGUA 2019

Un ano máis o IES Monte Castelo participa no Correlingua xunto aos a outros centros educativos. Este ano celebrouse en Ribadeo a onde nos diriximos para participar na andaina que nos levou dende o faro de Illa Pancha ata o Cantón dos Moreno. Finalmente no Cantón dos Moreno todo o alumnado e profesorado dos centros participantes disfrutou das actuacións organizadas.

     

BANDA DESEÑADA

O pasado mes de Marzo o alumnado de 2º ESO expuxo as bandas deseñadas que realizaron na materia de Lingua galega. Aí vai unha pequena mostra da mesma.

ENTROIDO 2019

A continuación algunhas fotografías do entroido 2019 no IES Monte Castelo. Neste día festivo compartimos disfraces, baile e actividades deportivas.

   

ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

O pasado 21 de Febreiro o alumnado do IES Monte Castelo participou nun encontro coa escritora burelesa Antía Yáñez (Burela, 1991). Antía Yáñez é enxeñeira de camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Na actualidade reside en Cecebre onde xestiona unha academia ademais de realizar obradoiros literarios para rapaces. Entre os premios acadado cabe destacar o premio Illa Nova no ano 2018 coa obra Senlleiras, obra que leu o alumnado do centro. Nesta obra relátase a historia de dúas mulleres, Alana (moza pobre) e Alda (influencer), en tempos diferentes, comezos do século XX e comezos do século XXI, pero cun mesmo problema, o maltrato dos seus homes. 

 

 
 
   
     

 

A CIENCIA EN GALEGO

Durante o mes de decembro na entrada ao centro realizouse unha exposición que levaba por título "A ciencia en galego". Nesta exposición mostráronse os traballos realizados polo alumnado do centro en diversas materias de ciencias. 

 

 

MAGOSTO 2018

O pasado 12 de novembro celebramos un ano máis a festa do Magosto. A celebración comezou coa participación do alumnado en diversos xogos tradicionais organizados e dirixidos polo alumnado do primeiro curso do ciclo de actividades físicas impartido no centro. A continuación e como fin de festa todos degustamos as castañas. 

   

VIDAS MARIÑEIRAS - Gran estrea

O proxecto chega ao sen final. Despois destes tres meses de duro traballo chega o gran día da estrea nos Cines Viveiro. Parabéns rapazas e rapaces!!!

Distribuir contido