Actividades físicas

Curso de iniciación ó pádel

Curso de iniciación ó pádel

Xoves 11 e venres 12 de decembro de 2014 os alumnos de 2º curso de Animación de Actividades Físicas e deportivas realizaron un curso de iniciación ó pádel nas pistas de Activity Center en Burela, dirixidas por Ronald Álvarez. Esta actividade estivo organizada pola Federación Galega de Pádel e o departamento de Educación Fisica do centro para formar técnicos de pádel ante a crecente demanda desta práctica.

 

Semana Blanca 2014- Ciclo AAFD

Os alumnos de 1º do Ciclo Superior de Animación de Activdades Físicas e Deportivas están en Pajares disfrutando dunha Semana Blanca. Están acompañados polo profesor Manuel Pérez Teijeiro.

 

Charla-coloquio Daniel Ladra

O mércores 10 de abril os alumnos de 1º ciclo superior de animación de actividades físicas e deportivas asistiron a unha charla-conferencia de Daniel Ladra (técnico do Baku United da 1º división inglesa de fútbol sala) que estivo acompañado por Bruno Girón (alumno do ciclo de AAFD do noso centro) e Quique Salgado (xogador do Baku United de fútbol sala).

Esta actividade está organizada polo departamento de Actividades Físicas.

Curso de técnico de tenis de mesa (nivel 1)

Este fín de semana, 24, 25 e 26 de Febreiro estase á celebrar no IES Monte Castelo
de Burela ( parte conceptual na aula de usos múltiples e a parte práctica no pavillón
polideportivo do centro ) un curso formativo de técnico de tenis de mes a ( Nivel 1 ). No
curso, coordinado polo delegado comarcal do club “ Dez Portas “ de Lugo, Antonio
Gómez e impartido polo adestrador argentino do equipo lucense da 1ª Galega “ Óscar
Roitman (*) colaboran a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a
Federación Galega de tenis de mesa e nel, participan un total de 20 alumn@s, a metade
dos cales son estudiantes do ciclo formativo TESAFED, que se imparte no propio centro.

(*) OSCAR ROITMAN :
· Natural de Mendoza ( Argentina )
· Profesor de educación física.
· Ex integrante da selección Absoluta de tenis de mesa do seu país.
· Ex seleccionador e coordianador das categorias de base da selección Argentina  · Participou no campeonato Mundial de tenis de mesa de Goteborg no ano 1993
· Participou en cursos e congresos relacionados con esta modalidade deportiva en
Argentina, Venezuela, USA, Guatemala, España e Hungría.
· Dende hai dous anos é director deportivo do Club lucense da 1º división galega “
Dez Portas “ , que conta con 108 deportistas e que pretenden impulsar o tenis de
mesa por todas comarcas da provincia ( A Mariña incluida).

Prácticas de alumnos do Ciclo de Actividades Físicas coa Fundación Eu Son

O mércores 1 e o venres 3 de febreiro os alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas realizarán prácticas en colaboración coa Fundación Eu Son de Burela, que proporciona asistencia a persoas con discapacidade psíquica en idade laboral.Esta actividade está relacionada co módulo formativo "Actividades físicas para persoas con discapacidade".

Esta actividade continuará o mércores e venres da próxima semana xa que se levará a cabo durante 4 sesións de 15:15 a 17:00 horas.

Grupo de traballo "Elaboración de programacións LOE do Ciclo Formativo de AAFD"

O martes 29 de novembro celebrouse unha das reunións do grupo de traballo "Elaboración de programacións LOE do Ciclo formativo de Animación de Actividades Físicas e Deportivas" no que interviu como relator Alberto Caaveiro do IES de Fene e como integrantes do grupo profesores deste centro dos Departamentos de Educación Física e FOL.

xogo dos bolos

 

CAMPEONATO DE BOLOS CELTAS

realizada na boleira do Cruceiro ( Xove )  hoxe,
martes
16 de novembro de 12:00 á 14:00 horas.

A actividade estivo organizada polo Departamento de
Educación Física e dirixida polo profesor do módulo de “ Xogos e
actividades para a animación deportiva “
 Alfonso
Iglesias, dentro dos contidos curriculares do devandito módulo
relacionados co Xogo Popular Galego.

Agradecemos ó Concello de Xove a colaboración que presta
ó centro no desenovlmento desta activadaed co acondiccionamento e
cesión das boleiras que dispón nas distintas parroquia do Concello e que
vimos realizando todos os anos dende hai máis dunha década en torno á
data de celebración do San Martiño ( 11 de novembro ) .

 
   

Conferencia da Cámara de Comercio de Lugo para o alumnado do Ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas

DEPARTAMENTO DE FORMACION Y ORIENTACION LABORAL DEL IES MONTE CASTELO Y CAMARA DE COMERCIO DE LUGO

La camara de comercio de Lugo en Burela impartio a los alumnos de 1º
curso del ciclo superior de actividades fisicas y deportivas un TALLER
DE GENERACION DE IDEAS.

martes dia 19 a las 10:30 en el aula de usos multiples.

Objetivo: Sensibilizacion pa el uotoempleo.

El taller se compone de dos fases:

a.- Fabrica de oportunidades de negocio: Mediante una serie de
dinamicas, los alumnos iran decubriendo que estan rodeados de
oportunidades de negocio (fuentes de ideas de negocio)

b.- Laboratorio de maduracion de ideas. Una vez que los alumnos
elijan una idea de negocio, tedran que validarla a traves de una serie
de juegos  que les ayudaran a descubrir si es una buena idea de negocio.

Xornadas Deporte e Saúde

O ciclo formativo superior de Actividades Físicas e Deportivas organizou unhas xornadas sobre deporte e salud. O prato forte foi  a presencia do campeón do mundo de triatlón Javier Gómez Noya o luns 18 de maio. Tamén destacar as conferencias de Ana Valín (piragüista olímpica e campeona do mundo junior) e o adestrador do Burela Fútbol Sala, Juan Antonio Miguel García "Juanito"

Ver conferencia de Ana Valín

Ver conferencia Javier Gómez Noya

Páxina web de Javier Gómez Noya

Descargar programación.

 

 

Distribuir contido