Coidados auxiliares de enfermería

Clínica Baviera en Lugo: oferta de traballo

21/09/2021 22:43
Atlantic/Bermuda
 

 

O centro en Lugo de Clínica Baviera remítenos a seguinte oferta de traballo para a súa difusión:
 
Clínica Baviera cuenta con más de 80 clínicas oftalmológicas distribuidas en 4 países (España, Alemania, Italia y Austria) y con una plantilla de más de 1.000 personas.
Actualmente buscamos auxiliar de enfermería para nuestro centro de Lugo.
 
Funciones a realizar:
- Atención y apoyo al paciente
- Asistencia y apoyo al personal médico
- Atención e información al paciente (consultas, tratamientos, facturación, etc.)
- Organización y citación de pacientes
 
Detalles del puesto:
- Tipo de contrato: Contrato temporal 6 meses + prórroga 6 meses + pase a indefinido.
- Jornada parcial.
- Puesto estable con continuidad.
- Otros beneficios: Plan de incentivos.
 
Si estás interesado/a, puedes enviar tu CV a: nrama@clinicabaviera.com

Listaxe definitiva de puntuacións. Programa Erasmus+ 2020/2021

Estudantes selecionados para participar nas mobilidade Erasmus+ 2020/2021

Amarelo: estudastes selecionados e orden de puntuación.

Verde: estudantes en lista de espera.

RESERVA E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS

ATENCIÓN: INFORMACIÓN IMPORTANTE
RESERVA E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS


Se tes praza adxudicada nos Ciclos Formativos que se imparten no noso centro deberás proceder á reserva de praza e/ou matrícula nos mesmos.


1. COMO SEI SE ME ADXUDICARON PRAZA?


A listaxe de prazas definitivas adxudicadas podédelas atopar na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2020-2021


Na listaxe non estaredes identificados por nome, senón por un Código Persoal de Consulta (CPC). Este CPC pódese obter na aplicación web Ciclosadmision, na parte inferior, onde tedes a ligazón “Ver Código Persoal de Consulta”. Neste apartado seravos solicitado o voso DNI e o Código de Solicitude. Este Código de Solicitude é o que aparece nos impresos de solicitude de admisión, na parte superior dereita, debaixo do código de barras.


2. COMO RESERVO? COMO ME MATRICULO?


Se o Ciclo Formativo qu e queres cursar che foi adxudicado, deberás reservar e/ou matricularte . Do contrario, perderás a pr aza!

No noso centro, podes estar nalgún destes dous casos:

 

  • Praza adxudicada nun Ciclo Formativo en réxime ordinario : recomendámosvos que fagades a Reserva a través da aplicación web Ciclosadmision . A vantaxe deste sistema é que non teredes que pasar polo centro e a formalización da matrícula poderá realizarse máis adiante.
  • Praza adxudicada nun Ciclo Formativo en réxime de persoas adultas : debido ás particularidades destes Ciclos Formativos onde se poden cursar módulos soltos, podedes reservar en liña na aplicación web Ciclosadmision , pero en todo caso DEBEREDES ACUDIR DE XEITO PRESENCIAL AO NOSO CENTRO DENTRO DOS PRAZOS CORRESPONDENTES.

Para realizar a reserva: deberedes entrar na aplicación web Ciclosadmision e ir á parte inferior on de aparece unha ligazón a Reserva de prazas adxudicadas/Anulación da reserva.


3. QU E PAPEIS TEÑO QUE TER PARA A MATRÍCULA?

 

  1. Impreso de matrícula que se xunta nesta publicación.
  2. Impreso de autorización de imaxe que se xunta nesta publicación.
  3. Fotocopia do DNI
  4. Fotocopia da tarxeta sanitaria
  5. 2 fotos pequenas tamaño carné.
  6. Se non presentache s a solicitude de admisión no noso centro: certificación de ter os estudos que permiten o acceso ao Ciclo Formativo correspondente.
  7. Se tes menos de 28 anos: xustificante de pagamento do seguro escolar. O importe do seguro escolar é de 1,12 € €. Deberase ingresar na conta de “Abanca” co ES08 2080 0183 2630 4000 1028


4. CANDO PODO IR AO CENTRO?


Para vir ao noso centro, dadas as circunstancias actuais, agradecémosche que reser ves cita. Para iso, dinos o teu nome, o día e a hora, na seguinte ligazón web:
https://outlook.office365.com/owa/calendar/IESMonteCastelo1@iesmontecastelo.onmicrosoft.com/bookings/


5. NON SEI COMO FACER, NECESITO MÁIS INFORMACIÓN!


Tedes toda esta información moito máis detallada na seguinte ligazón:


https://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-medio


Tamén nos podes chamar ao 982 82 82 41 ou consultarnos ao enderezo electrónico ies.monte.castelo@edu.xunta.gal

Notificación estudantes 2º CMCAE COVID-19

04/04/2020 00:03
Atlantic/Bermuda

Damos publicidade á notificación procedente da Subdirección Xeral de Formación Profesional que, en nome da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, foi dirixida no día de hoxe ao alumnado de 2º curso de réxime ordinario do Ciclo Medio en Coidados auxiliares de enfermaría:

"Estimado/a alumno/a:
A Administración Xeral do Estado mediante as Ordes 295/2020, de 26 de marzo (BOE do dia 28), e 299/2020, de 27 de marzo (BOE do dia 30) vén de habilitar a contratación do persoal que se atope cursando o ultimo curso dos estudos requiridos tanto para a prestación dos servizos nos distintos ámbitos do sector dos servizos sociais como do ámbito sanitario.
Para posibilitar dito procedemento, poñémonos en contacto contigo e coas persoas integrantes da túa promoción do segundo curso do ciclo de COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERIA para coñecer a dispoñibilidade dos que estean interesados, voluntariamente, en prestar servizos en centros xestionados pola Xunta de Galicia.
Por iso, as persoas dispostas poderanse inscribir na base de datos de “estudantes bolsa covid19” cumprimentando os datos nela exixidos, asi como as preferencias de localidades, no enlace https://www.xunta.gal/función-publica/bolsa-covid19
Posteriormente, e dependendo da dispoñibilidade e das necesidades da administración, porémonos en contacto coas persoas inscritas, para subscribir un contrato de traballo laboral en funcións de apoio relacionadas co funcionamento de ditos centros, coas retribucións propias do ámbito para o que fosen seleccionados.
A duración dese contrato está vinculado á situación actual de crise sanitaria, circunscrita ás necesidades do centro ou ao posto de traballo para o que fosen contratados.
En todo momento este persoal estaría supervisado por persoal técnico cualificado.
Agradézoche de antemán a túa colaboración, atención e dispoñibilidade.
Un cordial saúdo.
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional"

Lembramos que o alumnado que está a cursar o segundo curso do ciclo medio en COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERIA é aquel que está a cursar ou está en disposición de cursar o módulo de Formación en Centros de Traballo (que é o único do segundo curso do ciclo).

Solicitude de persoal da Consellería de Política Social

31/03/2020 15:08
Atlantic/Bermuda

Dende a Consellería de Política Social urxe cubrir necesidades de persoal e piden ao noso centro educativo que difundamos esta petición entre as/os TCAEs que poidan estar interesados.

Xa que se trata dunha petición directa da Consellería, podédesvos poñer en contacto co centro educativo a traés do enderezo electrónico ies.monte.castelo@edu.xunta.gal para pasar os vosos datos aos responsables de realizar as xestións necesarias.

Petición axuda de Acolle (agrupación de residencias de maiores)

28/03/2020 14:49
Atlantic/Bermuda

A entidade Acolle (agrupación de residencias de maiores) solicita que desde os centros educativos, se dea traslado ao alumnado de cursos académicos pasados ou, do curso actual que estea a cursar o segundo curso do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia ou do ciclo de Coidados auxiliares de enfermaría, para que dentro da súa voluntariedade, poida colaborar na asistencia a persoas maiores e con discapacidade que se encontran nun momento crítico na loita contra a pandemia ocasionada polo COVID-19.

Para máis información, pódese consultar o documento adxunto ou a web https://www.acolle.org/ 

Charla: "Asistencia a domicilio"

O mércores 29 de maio ás 16:30 horas os alumnos do ciclo medio de coidados auxiliares tanto de ordinaria como de adultos, asistirán a unha charla sobre "Asistencia a domicilio" impartida por membros do Centro Clínico Ribadeo S.L. que está organizada polo departamento de sanidade.

www.cclinicoribadeo.com


As relatoras serán:

-         Patricia Díaz Álvarez: Responsable de Recursos Humanos y Administración de Centro Clínico Ribadeo.

-         Yolanda Pérez Rey: Trabajadora Social-Coordinadora del Servicio de Ayuda a Domicilio.

-         Amparo Díaz López: Auxiliar de Ayuda a Domicilio.

 


 


Conferencia sobre Alzheimer

Patricia Gómez Lamas, traballadora social do centro de día As Galeras de Oleiros (A Coruña) impartiu unha conferencia sobre "O traballo diario coas persoas enfermas de Alzheimer" a alumnas do Ciclo de Auxiliar de enfermería e Ciclo de Saúde Ambiental.






Programa Leonardo da Vinci 2012

A prensa recolle a noticia para dar maior difusión ó proxecto Leonardo.

O director do centro e a orientadora visitan ás alumnas que están facendo a FCT en Potenza(Italia) na segunda semana de estancia alí. Estiveron en contacto con Manuela, a titora italiana.

 

As alumnas participantes no proxecto Leonardo da Vinci salen do aeroporto de A Coruña o día 2 de novembro en dirección a Potenza (Italia). ¡¡Boa viaxe!!

As alumnas antes de viaxar a Italia recibiron en Burela un curso de italiano de 10 horas para adquirir coñecementos básicos de italiano.

 

 

Nove alumnas do IES Monte Castelo participarán no programa Leonardo da Vinci para realizar parte da FCT do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería en Potenza (Italia).

Nuestro socio de acogida es I.Re.Forr -Istituto Regionale per la Formazione & la Ricerca en Potenza donde nuestras alumnas estarán 4 semanas realizando una parte de su formación en centros de trabajo en un centro italiano.

Distribuir contido