Fondo social europeo

Fondo Social Europeo 2014-2020 – Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento
Ven, 11/12/2015 - 08:52

Unión EuropeaOs programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverán a partir do 2º curso da ESO serán cofinanciados polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10.- Investir en educación, formación y formación profesional para la adquisición de capacidades y un aprendizaxe permanente.

Con esta medida preténdese conseguir que un maior número de alumnos e alumnas consigan finalizar con éxito a educación secundaria obrigatoria que lle permita continuar estudos en formación profesional de grao medio ou continuar estudos no bacharelato.

En definitiva, contribuír a que a mocidade permaneza no sistema educativo despois de finalizada a educación obrigatoria realizando estudos secundarios superiores que conduzan a una titulación CINE 3.

Trátase dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá na Comunidade Autónoma de Galicia.

A achega do FSE recóllese no eixo prioritario 3 do Programa Operativo FSE Galicia do período de programación 2014-2020, xestionado pola Consellería de Facenda.

Encádrase na prioridade de investimento 10.01 e no obxectivo 10.01.02.- Reducir o abandono educativo temperá e mellorar os resultados educativos do abandono con necesidades educativas e do alumnado con necesidades específicas, a través de medidas de apoio personalizadas.

A actuación é a 10.01.02.101.- Programas de mellora da aprendizaxe e rendemento - Programas de diversificación curricular (PDC).

Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.

Normativa

 

Documentos de programación e xestión

Operacións seleccionadas

Gastos de funcionamento

Información e comunicación

Medidas para cumprir coas obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado afectado sobre o cofinanciamento das horas lectivas das materias incluídas dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento de 2º e 3º da ESO e programas de diversificación curricular de 4º da ESO, nos centros que foron seleccionados na operación;
  • Poñer nos taboleiros de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE nos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento de 2º e 3º da ESO e nos programas de diversificación curricular de 4º da ESO;
  • Na documentación relacionada coas operacións a cofinanciar, inclúase o emblema da Unión europea, a referencia ao Fondo Social Europeo e a lenda "O FSE inviste no teu futuro". Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. O emblema da Unión Europea debe seguir as normas gráficas recollidas no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) 821/2014.
  • Distribuír entre o alumnado e o profesorado o tríptico sobre os novos programas;

Documentos:

Enlaces de interese: