Taboleiro de anuncios Burela

Exames de xuño 2022- Proba A

Nos PDF que atoparedes a continuación podedes consultar as datas, horas e aulas dos exames escritos e orais de xuño de 2022 (proba A) do departamento de inglés de Burela.

Probas de clasificación. Curso 2022/23

¿Tes coñecementos dun idioma pero non tes documentación que o acredite? A PROBA DE CLASIFICACIÓN está feita para ti!

¿Que é a proba de clasificación? ¿Que teño que facer para matricularme? Toda a información aquí

PRAZO DE MATRÍCULA: Do 6 ao 10 de xuño.

DATAS DOS EXAMES:

     Alemán: Día 15 de xuño ás 16:00 horas.

     Francés: Día 13 de xuño ás 16:00 horas.

     Inglés: Día 13 de xuño ás 16:00 horas.

     Italiano: Día 15 de xuño ás 18:00 horas.

Probas de certificación. Curso 2021/22

Circular 2/2022 pola que se regulas as probas de certificación para o alumnado oficial e o alumnado do programa CUALE, para o curso 2021/22.

Guías informativas e de especificacións das probas de certificación do ano 2022 de todos os niveis.

Táboas de avaliación do curso 2021/22.

- Neste enlace podes ver unha explicación do sistema de avaliación das probas de certificación para o alumnado oficial presencial, e o alumnado CUALE.

- Calendarios de realización das probas escritas dos niveis B2 e C1 publicados na circular 2/2022.

CONVOCATORIA ORDINARIA          CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

A parte escrita dos exames da convocatoria EXTRAORDINARIA realizarase a partir do día 20 do mes de XUÑO.

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Que é para ti a primavera?

Xa está aquí a primavera, unha estación que fai brotar unha chea de diferentes emocións e sensacións... por que non compartes con nós a túa percepción da primavera e quizás gañar un dos tres premios? 

Le as bases do concurso no documento adxunto e lembra que tes de prazo ata o 26 de abril para entregar a túa foto orixinal.

Anímate a participar!

AVISO IMPORTANTE. Apertura do prazo para solicitar becas de estudos postobrigatorios.

O prazo para solicitar as becas para o CURSO 2022/23 será do 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022.

Debes solicitar a beca dentro deste prazo, aínda que non saibas que vas a estudar, e incluso  aínda que non saibas con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables, e máis adiante poderás cambialos.

Toda a información no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/becas-generales-no-universitarias.html

21 de Marzo: Día Mundial da Poesía!

Invitámosvos a compartir neste padlet,  ou taboleiro colaborativo, un texto poético escrito e/ou recitado (pode ser orixinal voso ou de calquera autor/a) nalgunha das linguas de estudo da Escola.

Tamén podedes entrar simplemente para ver o que van compartindo os demáis....Viva a poesía!

Pincha no seguinte enlace: 

https://padlet.com/mariaelenamonteslopez1/sczil5am36gjvts7 

 Dende o equipo da Biblioteca da EOI de Viveiro moitas grazas a todos os que colaborastes coas vosas aportacións para celebrar o día da poesía! 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Noraboa ás gañadoras do concurso! Xa podedes consultar as postais premiadas no arquivo adxunto. Moitas grazas por participar!

Ante a proximidade do Nadal, por que non compartes con nós a túa creatividade artística mediante o deseño dunha postal?

Le as bases do concurso no documento adxunto e anímate a participar! Haberá premios para todos os participantes!

 

HALLOWEEN CONTEST

E agora xa podes consultar e ler os relatos gañadores do concurso neste enlace! Moitas grazas por participar!

Anímate a escribir un microrrelato arrepiante e poderás gañar cousiñas....

Acceso a CentrosNet

Para entrar en CentrosNet por primeira vez segue estas instrucións. Se xa entraches pero tes dúbidas de como cubrir cada campo na pantalla de acceso, repasa o punto 4 das anteriores instrucións.

Se xa entraches en CentrosNet e creaches o teu contrasinal persoal pero non o recordas, segue estas instrucións.

Se non estás seguro de se creaches o teu contrasinal persoal ou non coñeces algún dos campos a cubrir na páxina de acceso, ponte en contacto por teléfono (982551745) ou presencialmente coa secretaría da escola.

Calendario escolar 2021/22

No seguinte enlace podes consultar a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Calendario escolar 2021/22

Segundo o artigo 7.2 do calendario escolar do curso 2021/22, os dous días non lectivos escollidos pola escola de idiomas de Viveiro son:

- 7 de decembro de 2021.

- 16 de maio de 2022.

Podes consultar aquí o calendario escolar 2021/22 da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro Luz Pozo Garza.

Distribuir contido