Actividades Extraescolares

FIN DE CURSO 2017-2018

  • Alumnado de 2º BAC do IES Monte Castelo foron do 16 ó 22 de xuño a unha viaxe cultural en Roma e Florencia, con visita ó Vaticano incluída.

     

  • Nas actividades fin de curso desenvoltas o 21 de xuño:

     

    • O alumno de 1º BAC José Luís Vázquez García organizou un campionato de fútbol sala onde participaron tódolos cursos da ESO e 1º de BAC.

     

    • Contamos tamén co grupo Batuco Tabanka que despediu a última xornada lectiva do curso, animáronse a bailar con elas as irmáns Milene e Janice Gonçalves Semedo alumnas do centro.

"SI PARAMOS TODAS, PARAMOS TODO"

 Aida, Elvira, Sara, Pilar e María organizaron un acto de reivindicación dos deritos da muller no patio do IES Monte Castelo,

acto ó que se uniron alumnas e profesoras do Monte Castelo e do Perdouro.

TALLERES DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DA UDC

 O 23 de febreiro o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º de BAC realizaron uns talleres con profesores

da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.

Un dos profesores que están impartindo os talleres foi antiguo alumno deste centro, 

Dimas López Martínez a través do cal nos foi ofertada esta actividade.

Taller 1:  FÍSICA: ¿Por qué flotan os barcos?

O obxetivo do taller é explicar en que se basa o comportamento dun barco, porque flota e porqué non da a volta.
É un taller práctico orientado a coñecer os principios básicos que rixen o movemento dos obxetos flotantes.

Taller 2: MICROBIOLOXÍA AMBIENTAL: Un microuniverso na agua

Utilizando diferentes tinciones, o obxetivo do taller é explicar e observar microorganismos acuáticos,
as súas estructuras e outras carácterísticas particulares.
O alumnado realizará cultivos para obter os microorganismos, teñiranos con diferentes tincions e
observaraos ó microscopio para analizar diferentes estructuras de importancia.

Taller 2:  BIOTECNOLOGÍA VEGETAL: Huertos marinos

Ó remate dos talleres, elaborouse no patio PASTA DE DENTES  PARA ELEFANTES . 
  

"AS AVENTURAS DE GALE"

Espectáculo teatral o día 19 de decembro de 2018, aproximación ó canto en directo e ás artes escénicas,

unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean o Galego no día de hoxe,

pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.

 

ACTIVIDADES 24 - N

Os obxetivos didácticos das actividades propostas para o 24 de novembro de 2018 tratan de transmitir unha mensaxe de solidariedade e denuncia

ante calquera forma de violencia contra a muller e de Informar dos delitos relacionados coa violencia de xénero ,

medidas de protección e efectos do delito. Para sensibilizar ó alumnado na problemática existente preséntanse unha serie de actividades.

.  Elaboraron frases que puxeron en distintos taboleiros do centro educativo todos os alumnos da ESO.

.  Nos recreos do xoves e do venres houbo na biblioteca do centro proxección de curtametraxes.

.  Os alumnos de 1º BAC de artes realizaron diferentes pancartas con lemas en letras brancas e o fondo con plástico negro

(cedido polo concello) para a escenificación da canción de Jennifer López "Aint Your mama" realizado polos alumnos de 3º ESO,

ensaidos por Margarita Fernández da asociación con.ti.go con axuda de Victoria Perez orientadora do centro.

.  Charla para os alumnos de 3º e 4º ESO presentada por Margarita Fernández (presidenta da Asociación con.ti.go, e educadora social),

e na que participarían, Paula Salvador Pacior (avogada con experiencia en casos de violencia de xénero).

.  Manifestos e música na casa de cultura cos alumnos de 1º e 2º ESO (vestidos con camisetas negras entregadas pola concelleira Patricia

e Cristina, de CIM burela) xunto a outros alumnos de centros educativos de Burela

   
   
   

"CONTAMOS TODAS"

O espectáculo do 21 de novembro combina as historias contadas, con música en directo, cun obradoiro participativo.

Centrado na desigualdade e na violencia de xénero, ábrese cos contos ‘As mulleres de Torneiros’ e ‘Liberia’, exemplos de vida,

de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións.

Historias para pensar, exemplos de empoderamento, rebeldía, equidade e superación.

Empregando técnicas do Teatro da Oprimida, contarase coa opinión de todo o alumnado e representaranse as súas propostas.

 A Tropa de Trapo está formada por Marta Ortiz e Brais das Hortas, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súas inquedanzas

 pola narración oral neste proxecto, co que levan percorrido toda Galicia 

   

Actividade fin de curso 15-16: festival musical "Djunta mô"

 

O festival “DJUNTA MÔ MUSICAL” concíbese como unha actividade intercultural e de convivencia para alumnado e

profesorado. O programa inclúe a actuación musical de 5 grupos da zona da Mariña, a maioría deles integrados por

alumnado, profesorado ou exalumnado do noso centro (ANTÓN CREGO, MAD BUNNY, EVA AL DESNUDO,

OH! AYATOLLAH, BATUKO TABANKA) que representan distintos estilos musicais: poesía musicada, rap, pop, rock

ou música étnica caboverdiana.

 

 

 

 

 

Conmemoración día do libro

Cartel da actividade de conmemoración do día do libro

Realizado por María Martín

Visita do actor Saturnino García

Visita do actor Saturnino García

O actor Saturnino García, que recibiu un Goya ao mellor actor rebelación en 1995, deu unha charla ao alumnado con motivo do Día do libro.

 

Conferencia sobre Novas Tecnoloxías e Acoso escolar

Conferencia sobre Novas Tecnoloxías e Acoso escolar

 

Dentro do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos impartironse unha serie de conferencias sobre novas tecnoloxías, acoso escolar e violencia de xénero.

Os días 14 e 15 de marzo de 2016 asistiron alumnos de 1º, 2º, 3º de ESO e 1º e 2º de BAC a unha conferencia impartida por Ramón Peña Pérez da Delegación do Goberno de Galicia sobre Ciberbullying.

 

 

 

 

Os días 26 de abril e 24 de maio haberá outras charlas para o alumnado de 4º de ESO e Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de enfermería en ordinaria e adultos sobre novas tecnoloxías, acoso escolar e violencia de xénero.

 

Distribuir contido