Filosofía

Plan Proxecta: Parlamento Xove

Rematamos o curso e as actividades do Plan Proxecta coa entrega de diplomas aos equipos participantes no concurso Parlamento Xove 16-17:
 

Equipo de 4º ESO.

 
 
 Equipos de Bacharelato.
 
 
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A profesora do Departamento de Xeografía e Historia Herminia Pernas Oroza organizou e coordinou unha serie de debates nas aulas de 3ºESO e 4ºESO ao longo deste curso:
 
Curso: 4ºESO, Historia do mundo contemporáneo
A dinámica de traballo consistiu en elaborar por grupos, un dossier informativo para a súa exposición na aula e, seguidamente, establecer un debate sobre o tema tratado. Procuramos levar a cabo un debate por cada avaliación.
Temas elixidos para traballar e debater:
-A presenza da muller na historia: "As mulleres fan historia pero desaparecen da historia". O alumnado buscou información sobre as famosas poissonnières da Revolución Francesa, sobre a figura de Charlotte Corday e sobre a historia do sufraxismo feminino. O debate, que resultou un éxito en canto a interese e participación, foi seguido da proxección de fragmentos da película "Suffragette".
-Antroido versus carnaval: o alumnado documentouse sobre diferentes aspectos do antroido galego e finalmente celebrouse o debate na aula.
-A Guerra Fría na música: buscáronse algúns exemplos de cancións relacionadas con esta temática ("Libre", Nino Bravo, "Nikita", Elton John, "Que harías tú en un ataque preventivo de la URSS?", Polansky y el ardor, "Wind of Change", Scorpions), para logo comentar e  debater sobre cal era o obxectivo das mesmas.
 

 

 

 Curso: 3ºESO, Xeografía e Historia

 Os traballos obxecto de debate neste nivel leváronse a cabo na segunda e terceira avaliación e estiveron relacionados cos sectores económicos da comarca e sobre a poboación e o poboamento:

-Burela: concello urbano ou rural.

-Crea a túa empresa e defende a súa viabilidade.

 

 

 
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CONCURSO "PARLAMENTO XOVE" 2016-17
Dous equipos de bacharelato participaron na fase preliminar do concurso celebrada os días 10 e 11 de Marzo no Centro Residencial Docente de A Coruña. Un dos equipos, coordinado polo profesor Oscar Chao Penabad, integrárono Luna Catalán Kasperski, Marta Gayo Febrero, Nahuel Huaman Pérez e Elvira Luna Pérez. O outro equipo de bacharelato formárono Oumeyma Sabry, Pilar Romero González, Sara López Teijeira e Gonzalo Escontrela Beltrán e estivo coordinado pola profesora Amalia Soto Presas.
 
Nesta categoría o tema obxecto de debate foi:"As novatadas estudantís. Pasaron a ser un suposto de acoso entre a mocidade?"
 
 
 
 
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CONCURSO "PARLAMENTO XOVE" 2016-17
A organización do concurso Parlamento Xove ven de publicar os temas e as datas para a fase preliminar que se celebrará no Centro Residencial Docente de A Coruña no mes de Marzo. O IES Monte Castelo participa este ano con 1 equipo de ESO e 2 equipos de Bacharelato.
 
Equipo de ESO:
Coordinado polo profesor Oscar Chao Penabad, e formado polos/as alumnos/as de 4ºESO Ana Díaz Carracedo, Marta Mosquera Ron, Ana Caroline Marchesán e Diego Luna Pérez; prepara o tema " En España a idade legal para mercar alcol é 18 anos. Variar este límite influiría nos hábitos de consumo de alcol entre a xuventude?"
 
 
 
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Despois de presentar o proxecto a todo o alumnado participante, fixéronse as primeiras proposta de temas para debater e xa empezamos a poñer en práctica as dinámicas de traballo propias do proxecto. A través da aprendizaxe colaborativa, nunha primeira fase (que se desenvolve xeralmente na biblioteca), búscase información a través de diferentes materiais de consulta, sintetízase e prepárase o argumentario. A segunda fase correspóndese coa realización dos debates na aula.
 
 
 
"PARLAMENTO XOVE", CURSO 2016-17
Por cuarto ano consecutivo o Departamento de Filosofía do IES Monte Castelo continúa poñendo en práctica o Proxecto de Innovación Educativa "Parlamento Xove". Neste curso, o profesor Marcelino Luna Almarza ocuparase das materias de 2ºBAC: Historia da Filosofía, Psicoloxía e Ética e Filosofía do Dereito; e a profesora Amalia Soto Presas, da materia de Filosofía en 4ºESO e as materias de Filosofía e Antropoloxía en 1ºBAC. Todos os anos procuramos darlle un enfoque multidisplinar ao proxecto e así participan tamén o profesor do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Oscar Chao Penabad, que o poñerá en práctica nas materias de Cultura Científica de 4ºESO e 1ºBAC, e a profesora do Departamento de Xeografía e Historia, Herminia Pernas Oroza, nas materias de Xeografía e Historia de 3ºESO e 4ºESO.
 
 
 
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PARLAMENTO XOVE CURSO 15-16
 
A CREACIÓN DE PROXECTOS ARTÍSTICOS

 

Dentro do programa Parlamento Xove, o alumnado de 1º de Bacharelato, coordinado polo profesor da materia de Filosofía, Marcelino Luna Almarza traballa no terceiro trimestre do curso o tema da filosofía da arte e a creación artística. Inclúe unha charla a cargo do artista multidisciplinar David Catá sobre a creación de proxectos artísticos, que remata con un debate sobre o tema, no que participa todo o alumnado.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na materia de Xeografía e Historia, a profesora Herminia Pernas Oroza, coordinou unha serie de actividades dentro do Proxecto de Innovación Educativa "Parlamento Xove" nos cursos de 3º ESO e 4º ESO.

A dinámica de traballo consistiu en elaborar, por grupos, un traballo de investigación para a súa exposición na aula e, seguidamente, establecer un debate conxunto sobre o tema tratado.

Os temas elixidos para traballar e debater en 4º ESO foron os seguintes:

-  Historia da moda feminina no periodo de entreguerras.

-  Lei seca e gansterismo no periodo de entreguerras.

-  Construción do muro de Berlín.

-  Carreira espacial das dúas superpotencias durante o periodo da Guerra Fría.

-  Caso J.F.K.

 

 

No curso de 3º ESO o traballo obxecto de debate foron unha serie de actividades sobre un roteiro realizado pola vila de Burela, lugar de emprazamento do centro e lugar de residencia de boa parte do alumnado. As actividades xiraron en torno ao poboamento e estrutura de Burela: forma do plano, casco histórico versus centro urbán, vías de comunicación, ensanches e áreas residenciais, áreas industriais a zonas verdes.

 

 

 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nas materias de Cultura Científica e Bioloxía e Xeoloxía, a profesora  Isabel Mojardín Vázquez coordinou unha serie de actividades de debate co alumnado de 1º de Bacharelato sobre temas relacionados coas repercusións da investigación científica e a tecnoloxía:

-  Como será o ser humano no futuro? Paramos de evolucionar?

-  Son os tranxénicos unha opción válida e segura? Para o desenvolvemento dos debates sobre este tema tívose en conta a iniciativa da Universidade de Santiago "Regueifas de ciencia".

http://www.regueifas.org/eventos

-  Desenvolvemento dun fármaco: traballo na aula, reflexión e debate sobre cuestións éticas, legais e sociais que conleva o desenvolvemento dun fármaco: Consumimos os fármacos de maneira responsable? As noticias sobre investigación de novos fármacos crean falsas espectativas?

http://www.xplorehealth.eu/es/educadores

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O centro participa no curso 2015/16 no concurso Parlamento Xove, dentro do Programa de Innovación Educativa Parlamento Xove. O concurso confórmano un conxunto de encontros dialécticos que teñen por obxecto fomentar entre os xoves ( alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato) o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potenciaranse habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais. A profesora coordinadora é Amalia Soto Presas (Departamento de Filosofía)

Toda a información na web: http://www.parlamentoxove.com/

A fase clasificatoria do Parlamento Xove de Bacharelato 2016 terá lugar o 4 e 5 de marzo de 2016 no Centro Residencial Docente A Coruña situado no concello de Culleredo. O tema de debate desta fase clasificatoria será  Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozos e mozas?

Os alumnos participantes de 2º de Bacharelato son:

- Andrea Cabanas Daura

- Carolina García Abad

- David Fonte Dorado

- Raquel Insua Pais

Este alumnado irá acompañado pola profesora de filosofía Cristina Rigueiro Muinelo.

 

 

A fase clasificatoria do Parlamento Xove da ESO 2016 terá lugar o 26 e 27 de febreiro de 2016 no Centro Residencial Docente A Coruña situado no concello de Culleredo. O tema de debate desta fase clasificatoria será  Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozos e mozas?

Os alumnos participantes de 4º de ESO son:

-María Caamaño Cebro

-Elvira Luna Pérez

-Luna Catalán Kasperski

-David García Novoa

Este alumnado irá acompañado pola profesora de latín Mª Carmen Fernández García.

 Os nosos alumnos de ESO clasificaronse para o debate final que se celebrará os días 15 e 16 de abril no que o tema do debate será: O machismo adolescente segue presente na nosa cultura?

¡¡Noraboa!!

 

 

 

A fase final da sétima edición de Parlamento Xove, das especialidades de ESO e Bacharelato, descorrerá os días:

15  e 16 de abril

  •  O 15 de abril os debates serán en horario de tarde na seguinte ubicación:

Hotel Hesperia Peregrino

Avenida de Rosalía de Castro, s/n.    15706 Santiago

 

  •  O 16 de abril os debates descorrerán en horario de mañá na seguinte ubicación:

Parlamento de Galicia

Rúa do Horreo, 63     15701 Santiago

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

PRIMEIRO DEBATE CO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Para poñer en práctica a metodoloxía do debate na aula seguindo o formato proposto pola organización do concurso "Parlamento Xove", 

realizouse o primeiro debate deste curso co alumnado de 2º de Bacharelato, coordinado pola profesora Amalia Soto Presas. O tema sobre

o que se traballou foi: "Lexitimidade vs legalidade: é lexítimo todo o que é legal?".

 

INICIAMOS O TRABALLO NO PROGRAMA "PARLAMENTO XOVE" 15-16

 

Tal e como se describe na programación, na fase inicial de implantación do Proxecto de Innovación Educativa "Parlamento xove",

que este ano leva por título "Diálogo e consenso", a coordinadora, Amalia Soto Presas, explica as características do proxecto

e o plan de traballo aos distintos grupos de alumnado que van participar nel; así como as normas básicas de participación nun debate.

 

 

 


 

** No curso 2014/15 o noso centro segue participando no Parlamento Xove.

O 18 de abril os nosos alumnos participaron na final:

 

 

 

 

 

TEMA PARA O ALUMNADO DA ESO no debate Final do día 18 de abril

Cine. Desaparecerán as salas de cine como forma de ocio?

Durante os anos 60 chegou o pulo dos "teleclubes", o lugar onde a veciñanza se reunía para poder ver a televisión, ese prezado obxecto de luxo que poucos fogares podían permitirse. Pero a paulatina desaparición dos primeiros foi directamente proporcional ao incremento da presenza dos televisores nas casas. Un fenómeno semellante parece estar a suceder coas salas de cine, ainda que os motivos semellan máis variados e complexos. As novas que dan conta do continuo peche de salas son frecuentes ao tempo que os guionistas da Meca cinematográfica están a facer a súa particular "emigración" a outros sectores coma as series ou os videoxogos. Hai, pois, un "traslado" do ocio cara outros eidos? Se isto fora así, como se xustifica que as salas se enchan cando se realiza "A Festa do Cine", na que os prezos das entradas son inferiores aos 3 euros?

 

- Os temasde debate do proxecto Parlamento Xove utilizados nas diferentes materias son:

      a) Temas de debate de Antropoloxía

      b) Temas de debate de Educación Ético-Cívica

      c) Temas de debate de Ética e Filosofía do Dereito

      d) Temas de debate de Filosofía e Cidadanía

 

- Actividade 4

Ainda que o Programa de Innovación Educativa Parlamento Xove vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e Bacharelato, pareceunos importante dalo a coñecer tamén entre o alumnado de 2º de ESO, co obxectivo de familiarizalos co proxecto e coa metodoloxía activa e participativa. É por iso que a profesora Herminia Pernas, que imparte a materia de Educación para a Cidadanía organizou numerosos debates ao longo do curso. Aquí temos dous exemplos, onde nun grupo se tratou o tema: Libros electrónicos ou libros tradicionais? e no outro debatiuse sobre O uso dos móbiles na escola?

 



- Actividade 3

No terceiro trimestre, a profesora Isabel Mojardín do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou  varios debates sobre temas  relacionados coa bioética, a inmigración,a relación natalidade-mortalidade, etc. Destacamos pola boa acollida que tivo entre o alumnado da materia de Ciencias para o Mundo Contemporaneo o debate sobre:  cuestións éticas, legais e sociais que rodean o desenvolvemento dun  fármaco.

 

- Actividade 2

No terceiro trimestre, dende os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Filosofía propuxemos para o alumnado de 1º de Bacharelato a letura do comic de Paco Roca: Engurras, sobre a que se realizaron diferentes actividades, que remataron co debate sobre o tema: a consideración da vellez na nosa cultura.

 

   

 

- Actividade 1

Dentro do Proxecto de innovación educativa Parlamento Xove, os Departamentos de Filosofía e Bioloxía e Xeoloxía organizaron unha serie de actividades a partir de leturas propostas previamente para o alumnado de Filosofía e Cidadanía e Ciencias para o Mundo Contemporaneo de 1º de Bacharelato, que culminaron con unha serie de reflexións e debates sobre temas interdisciplinares.

A primeira delas tivo lugar no segundo trimestre e, a partir da letura da novela de H.G. Wells: La máquina del tiempo, debatiuse a seguinte cuestión: como se desenvolverá no futuro a evolución da especie humana?

 

 

 

-Os nosos alumnos de ESO clasificaronse para o debate final que se celebrará o sábado 18 de abril. ¡¡Noraboa!!

A noticia na web da Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2015/03/07/span-langglos-escolares-fan-parlamentariosspan/00031425731182117942599.htm

Tamén na ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/burela/2015/03/10/mejores-concurso-debates/0003_201503X10C12994.htm

Resultados da clasificación:

 

Os días 6 e 7 de marzo de 2015 terá lugar no pazo de Mariñán o debate entre alumnos de 4º de ESO. O tema á debatir nesta edición é : ¿Deberíase adiantar a maioria de idade os 16 anos?

Os alumnos participantes, que irán acompañados pola profesora de Historia Herminia Pernas, son:

-Alvaro López Fraga

-Irene Rico Gómez

-Paula Vázquez Franco

-David García Novoa

 

 

Os días 27 e 28 de febreiro de 2015 no pazo de Mariñán no concello de Betanzos (A Coruña) terá lugar o debate entre alumnos de Bacharelato. O tema á debatir nesta edición é : ¿Deberíase adiantar a maioria de idade os 16 anos?

Os alumnos participantes, que irán acompañados pola profesora de filosofía Amalia Soto, son:

-Lorena Barrera López

-Xela Bernardo Pernas

-Uxío Fernández Corbelle

-Maricielo Peña Álvarez

Esta actividade está organizada polo departamento de Filosofía.

 Máis información na web do Parlamento Xove:http://www.parlamentoxove.com/

 

 


 

--Entrega de diplomas de participación no programa Parlamento Xove 2014/2015

 
 

 

-15 e 16 de febreirode 2015-A fin de semana terá lugar a segunda quenda de debates coa fase preliminar dos equipos de 1º e 2º de Bacharelato. Os debates celebraranse na sede da Deputación da Coruña.O equipo gañador de Bacharelato terá como premio unha viaxe valorada en 5.000 euros.

Os alumnos de 2º de Bacharelato do IES Monte Castelo que participan esta fin de semana son:

-Sabela Teijeiro Ferreira

-Uxía Treitas Barrio

-Juan Manuel García Cambeiro

-Juan Rubiños Prieto

 

A noticia na prensa: http://blogs.elcorreogallego.es/gigasdetiza/2014/02/17/los-debates-de-secundaria-en-parlamento-xove/

 

Nesta edición a temática elixida é a igualdade e a prevención da violencia de xénero e así os debates preliminares xirarán sobre a interrogante: “¿Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?”

Parlamento Xove conta con dúas categorías diferenciadas por idades, unha para alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria e outra para o de 1º e 2º de Bacharelato

 

Un total de 21 equipos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria de toda Galicia participan esta fin de semana no Pazo de Mariñán (Bergondo – A Coruña) na fase preliminar de Parlamento Xove, unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, que pretende potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias entre a mocidade galega. Dos 21 equipos que competirán nesta xornada preliminar, dous serán os que debaterán na final que terá lugar o 26 de abril no hemiciclo do Parlamento de Galicia. En canto aos premios, o gañador de categoría de Educación Secundaria disfrutará dunha semana de ocio educativo.

Esta fin de semana na categoría de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria nesta fase preliminar participan un total de 21 equipos de 16 centros de ensino. Deste xeito, cun equipo participa: Colexio La Salle (Santiago), CPI de Xanceda (Mesía), CPI Conde de Fenosa (Ares), IES Pontepedriña (Santiago), IES Antonio Fraguas (Santiago), Colexio Padres Escolapios Calasanz (A Coruña), Colexio Internacional Sek Atlántico (Poio), IES Pintor Colmeiro (Silleda), IES A Pinguela (Monforte), CPI de Castroverde, IES Monte Castelo (Burela). E con dous equipos cada centro participan: IES de Mugardos, IES Eduardo Pondal (Santiago), IES de Rodeira (Cangas), Colexio Filipense Sagrada Familia (Vilagarcía de Arousa) e Colexio Galén (Lugo).

Os alumnos do IES Monte Castelo que participarán son:

-Lorena Barrera López 4º ESO-A

-Brandán Fuentes Rojo 4º ESO-A

-Raquel Insua Pais 4º ESO-B

-Matilde Mendes Soares 4º ESO-B

Xa está publicado na web do PX´14 o tema de debate para a fase preliminar desta edición:Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?

O centro participa no Plan Proxecta 2013/2014 no programa Parlamento Xove (debatemos e repectámonos) para promover o diálogo  racional para a resolución de problemas e conflitos fomentando actitudes de respecto e tolerancia entre o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato. A profesora coordinadora é Amalia Soto Presas(Departamento de Filosofía)

 

Páxina da Consellería: http://www.edu.xunta.es/web/node/6256

Concurso "Parlamento Xove"

O venres 15 e 16 de febreiro de 2013 no Pazo de Mariñán en Betanzos, organizado polo departamento de Filosofía coa participación do profesor José Manuel Rubal, alumnos do IES Monte Castelo participaron no concurso "Parlamento Xove".

“ Parlamento xove “ é unha actividade cultural organizada pola Xunta de Galicia na que alumn@s e profesor@s de secundaria de diversos centros educativos da Comunidade asumen o rol de debatir un tema de actualidade proposto pola organización como auténticos " parlamentarios"
O tema á debatir nesta edición é : ¿ Está a servir a crise econômica global para que a xuventude tome conciencia dun consumo responsable ?

Os alumnos participantes foron:

Ana López Ramos ( 4º ESO A )
Susana Valle Castro ( 4º ESO A )
Laura De la Huerga Díaz ( 4º ESO B )
Jhonny Fernández Taboada ( 4º ESO B )

 

Na 2º edición que será o venres 1 e sábado 2 de marzo, acompañados pola profesora de filosofía Amalia Soto, participarán os seguintes alumnos de 2º de bacharelato:

-Valeria Berrutti Rocha Pitta

-Nuno García Pico

-José Manuel Vidal Arboiro

-Ana Uría Moreda

 

DESPREGA O MENÚ QUE APARECE NA PARTE DEREITA DA PÁXINA

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Departamentos

Ciclos Formativos

Proxectos Europeos

Biblioteca

Sección Bilingüe

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.