Orientación
CLASES SEN FUME 2015-16
Enviado por orientación o Mar, 28/06/2016 - 14:22
Dentro do proxecto de fomento de hábitos de vida saudables o alumnado de 1º de ESO recibiu charlas informativas sobre alimentación, impartidas por técnicas da Consellería de Sanidade da delegación de Lugo.
Ademáis alumnado do noso Ciclo Superior de Saúde ambiental traballou coas alumnas e alumnos axudándolles a analizar seus hábitos alimenticios e buscando o xeito de melloralos. |
![]() |
Como noutros cursos houbo moitos voluntarios para facer as cooximetrías. Ninguén fumou!!
![]() |
![]() |
JUEGO-CONCURSO:"CONNECTED:THE GAME"
Enviado por orientación o Lun, 25/04/2016 - 06:03
A FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadición) e Google lanzan en todos os países da Unión Europea, “Connected: The Game”.
"Connected: The game" é un xogo-concurso virtual, dispoñible en cinco idiomas, español, inglés, francés, alemán e italiano, co obxectivo de sensibilizar a rapaces e rapazas europeos/as de 13 a 16 anos sobre o uso responsable das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), fomentando un uso construtivo das mesmas desde o respecto a un mesmo e aos demais.
No xogo poden participar adolescentes de todos os países da Unión Europea a través da plataforma http://www.connectedthegame.eu, desde o 1 de abril ata o 15 de maio de 2016.
Cada usuario compite no seu ámbito territorial (país) pero pode realizar o xogo no idioma que desexe.
Unha vez finalizado o prazo de participación, establecerase un gañador por país que recibirá un premio tecnolóxico.
A entrega de premios terá lugar na sede do Parlamento Europeo a finais de xuño de 2016.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
Que é a formación profesional
Enviado por orientación o Xov, 07/04/2016 - 07:35Se queres informarte de que é a formación profesional aquí podes ler unha explicación sinxela sobre os distintos títulos que existen de todas as familias de formación profesional.
Se che quedan dúbidas, pregunta á orientadora!!
XV XORNADAS DE ORIENTACIÓN SOCIOLABORAL
Enviado por orientación o Mar, 05/04/2016 - 06:49Contratos-programa 2015-16 Mellora da convivencia
Enviado por Anónimo o Ven, 15/01/2016 - 05:34Contratos-programa 2015-16: Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros
O IES Monte Castelo participa durante o curso escolar 2015/16 dentro dos contratos-programa na actuación 3 de mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.
PLAN DE MELLORA DA CONVIVENCIA
NO IES MONTE CASTELO 2016
FORMACIÓN PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA:
DATA |
HORARIO |
TÍTULO |
IMPARTE |
ADICADA A: |
Martes 26- abril |
19.30-21:00 hs |
Novas tecnoloxías e acoso escolar |
Ramón Peña Técnico da Garda Civil, formador do Plan Director |
Familias, profesorado e persoal non docente. |
Xoves 5- maio |
16:30-19:30 hs |
Condutas disruptivas e xestión de aula |
Berta Dolores López Álvarez Prof. De inglés do IES Leiras Pulpeiro de Lugo |
Profesorado |
Xoves 12- maio |
17:00-19:00hs |
Sistemas de participación do alumnado; alumnado axudante; mediación e cibermentoría. |
Javier García Barreiro Director e Orientador do IES Fin do Camiño de Fisterra |
Profesorado |
XIV Xornadas de Orientación Sociolaboral 2015
Enviado por Anónimo o Lun, 13/04/2015 - 07:18XIV Xornadas de Orientación Sociolaboral 2015
Mércores 15 de abril de 2015- Presentación das xornadas
![]() |
![]() |
Clausura das Xornadas
![]() |
![]() |
Plan Proxecta 2014-15: Clases sen fume
Enviado por Anónimo o Mér, 18/03/2015 - 08:31O centro segue participando un curso máis no Plan Proxecta co programa de Clases sen fume.
18/03/2015- O alumnado de 1º de ESO recibiu a unhas técnicas da Consellería de Sanidade de Lugo que no marco do proxecto interdisciplinar "Clases sen fume 2014-15" lles realizaron cooximetrías para comprobar os efectos do fume do tabaco nos seus pulmóns.
![]() |
|
Charla "A Ponte entre o ensino medio e a USC"
Enviado por Anónimo o Ven, 13/02/2015 - 08:22Charla "A Ponte entre o ensino medio e a USC"
Venres 13 de febreiro ás 11:30- Alumnos de 2º de BAC recibiron unha charla informativa sobre o acceso á universidade que foi impartida por Francisco Rodríguez Lestegás, actual decano da Facultade de formación do profesorado de Lugo.
O Programa “ A Ponte entre o ensino medio e a USC “, é unha iniciativa da Universidade que ten como principal obxectivo facer de ponte entre os centros de ensinanza secundaria e a USC, a través da realización de charlas didácticas dirixidas o futuro estudante universitario, para orientalo na súa elección dos estudos, ofertados pola USC, que máis se adaptan ás súas prefrencias e prioridades académicas.
Esta actividade está organizada polo departamento de Orientación en colaboración coa USC.
Charla-conferencia de Antonio Rial
Enviado por Anónimo o Mar, 20/01/2015 - 07:33Charla-conferencia de Antonio Rial
O mércores 21 de xaneiro de 2015 ás 16:30 horas Antonio Rial, profesor da Facultade de psicoloxía da USC impartiu unha conferencia ó alumnado dos ciclos formativos do centro para informar, entre outros asuntos, sobre :
- certificados de profesionalidade
- Validación de módulos de ciclos superiores nos graos universitarios
Está organizada polo departamento de Orientación en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Vai dirixida a alumnado de ciclos formativos.
![]() |
![]() |
Contrato-programa 2014 de Mellora da convivencia nos centros
Enviado por Anónimo o Mar, 16/12/2014 - 11:58O IES Monte Castelo participa no curso 2014-2015 nos contratos-programa, concretamente na modalidade 3 de Mellora da convivencia nos centros e prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.
3/03/2015- O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, asinou os contratos programa cos centros educativos da provincia de Lugo.
Máis información na web da consellería: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0705/mais-500-estudantes-provincia-lugo-beneficiaranse-iniciativa-contratos-programa
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
