Información de interese
Inicio curso Módulo II e IV ESA
Enviado por Gonzalo o Ven, 15/01/2021 - 08:25O xoves 11 de febreiro de 2021 será o último día lectivo dos Módulos 1 e 3.
Entregaránse os boletíns de notas por parte dos titores nas aulas de referencia de cada curso ás 16:15 h.
A continuación, o xoves 11 de febreiro, iniciaranse as clases dos Módulos 2 e 4, así como o reforzo das materias non superadas dos Módulos 1 e 3.
Ás 16:30 h. será a presentación cos respectivos titores.
Inicio curso Módulo II e IV ESA
Enviado por Gonzalo o Ven, 15/01/2021 - 08:10App Moodle Mobile
Enviado por Gonzalo o Mar, 01/12/2020 - 05:22Que podo facer coa app Moodle Mobile
Enviado por Gonzalo o Mar, 01/12/2020 - 05:16![]() |
Que podo facer coa app Moodle Mobile |
Cando o usuario entra por primeira vez na app, vai directamente á pantalla principal da aplicación onde se poden distinguir dúas áreas claramente diferenciadas:
- Área persoal
Na área persoal móstranse os cursos nos que está matriculado o usuario (os cursos aos que ten acceso), podendo seleccionar os cursos que queres visualizar por intervalos de datas. - Inicio do sitio
Na área "Inicio do sitio", o usuario pode visualizar a lista de categorías na que están organizados os cursos, así como tamén realizar unha busca de cursos en función dos criterios de busca que se introduzan no buscador.
![]() |
![]() |
O resto dos menús que contén a aplicación dan acceso a outro tipo de funcionalidades.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Eventos de calendario | Mensaxes | Notificacións | Opcións e configuracións |
Os menús adáptanse á área dispoñible de pantalla, polo que no caso de usar Moodle Mobile desde unha tableta a área de traballo é moito maior e resulta moito máis cómodo para o usuario.
Funcionalidades principais App Moodle Mobile
Enviado por Gonzalo o Mar, 01/12/2020 - 05:14![]() |
Funcionalidades principais Moodle Mobile |
A aplicación offline Moodle Mobile é compatible coa maioría dos recursos e actividades que poden ser usados na versión online da Aula Virtual, polo que as funcionalidades que ofrece esta app son prácticamente as mesmas, a nivel de usuario, que na versión online.
- Tipos de recursos compatibles coa app Moodle Mobile
libro, ficheiro, cartafol, IMSCP, etiqueta, páxina, URL |
![]() |
- Tipos de actividades compatibles coa app Moodle Mobile
tarefa, escolla, base datos, feedback, foro, glosario lección, proba, SCORM, seguemento, wiki, workshop |
![]() |
Por outro lado, o uso desta app desde o noso dispositivo móbil permítenos facer outras moitas cousas:
- Subir ficheiros á nosa área de almacenamento persoal
- Gravar ficheiros de audio no dispositivo móbil e subilos directamente á área de almacenamento persoal da versión online
- Enviar mensaxes privadas a un ou varios dos participantes nos nosos cursos, directamente desde a app
- Engadir aos participantes nos cursos aos nosos contactos do teléfono móbil
- Realizar unha chamada de voz a calquera dos participantes dos nosos cursos
- Xeolocalizar a calquera dos participantes nun curso, a través de Google Maps
- Descargar e ver algúns dos recursos dos cursos
- Recibir notificacións Push, directamente no teléfono móbil, cando envían mensaxes ou avisos dirixidos a nós
- Utilizar a mensaxería privada entre usuarios
- Integrar o calendario do curso co calendario do noso dispositivo móbil, para poder recibir recordatorios en formato de notificacións locais
- Auto-matricularnos nos cursos que estea permitido, directamente desde o noso dispositivo móbil
Neste sentido, o uso da app Moodle Mobile aporta un valor engadido aos nosos cursos incrementando as posibilidades de interaccción cos contidos, as actividades e os participantes nos cursos e aportanto tamén unha nova experiencia de usuario no uso das Aulas Virtuais.
Instalar la app Moodle Mobile
Enviado por Gonzalo o Mar, 01/12/2020 - 05:10Instalar a app no meu dispositivo
![]() |
Instalar a app no meu dispositivo |
Para instalar a app no teu dispositivo móbil (tablet e/ou smartphone), en primeiro lugar descarga a app desde a tenda de aplicacións do teu dispositivo móbil "Google Play" ou "App Store, do mesmo xeito que calquera outra aplicación para o móbil. Esta app é totalmente gratuíta.
Se usas un dispositivo móbil (teléfono ou tablet) con sistema operativo Android
Desde o teu dispositivo móbil abre a tenda de aplicacións Google Play e busca a app tecleando "Moodle app". A continuación descarga e instala esta app no teu dispositivo móbil
Se usas un dispositivo móbil (teléfono ou tablet) con sistema operativo iOS
Desde o teu dispositivo móbil abre a tenda de aplicacións App Store e busca a app tecleando "Moodle app". A continuación descarga e instala esta app no teu dispositivo móbil.
Unha vez descargada a app no teu dispositivo móbil, a primeira vez que a usas debes introducir os datos de conexión coa Aula Virtual do teu centro educativo.
![]() |
![]() |
![]() |
imaxe 1 | imaxe 2 | imaxe 3 |
imaxe 1
Cando abras por primeira vez a app, deberás introducir a dirección URL de aula virtual do teu centro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/aulavirtual
Fíxate que introduces correctamente a dirección URL e que non cometes ningún erro. Sobre todo asegúrate de que introduces o dominio ".gal" e non ".es"
imaxe 2
Se o enderezo URL introducido é correcto e a configuración da Aula Virtual tamén é correcta, a app permitirá que pulses o botón "Conectar ..."
imaxe 3
Nesta terceira pantalla deberás introducir o mesmo nome de usuario e contrasinal que usas para acceder á Aula Virtual en modo online, desde o ordenador.
Concurso Microrrelatos
Enviado por Gonzalo o Lun, 19/10/2020 - 04:37BASES CONCURSO MICRORRELATOS DE TERROR
1. Poderá presentarse ao concurso calquera membro da comunidade educativa do IES Monte Castelo, establecéndose tres categorías:
a) alumnado de 1º e 2º da ESO
b) alumnado de 3º e 4º da ESO
c) alumnado de 1º / 2º de Bacharelato
2. Cada participante poderá presentar tantos microrrelatos como estime oportuno.
3. Os microrrelatos deberanse presentar en folio (un por cada texto que participe no concurso). Os relatos breves que se escriban a ordenador deberán empregar as fontes Times new roman tamaño 12 ou Calibri tamaño 11. No seu caso, o alumnado que non dispoña de ordenador ou impresora poderá achegar os textos manuscritos, sempre que o xurado do concurso considere que a caligrafía dos mesmos é lexible.
4. Todos os microrrelatos deberán ter título.
5. Os microrrelatos non poden exceder as 150 palabras (título non incluído).
6. A temática ou xénero dos microrrelatos será o terror e o medo.
7. Os microrrelatos presentados a concurso deberán ser orixinais.
8. O/a autor/a indicará, na parte posterior do folio do microrrelato, o seu nome, apelidos e curso.
9. O xurado do concurso estará composto por profesorado responsable da biblioteca e dos departamentos de linguas do IES Monte Castelo.
10. Os microrrelatos presentados poderán ser publicados ou difundidos no blog da biblioteca do IES Monte Castelo ou naqueles medios que o xurado considere oportuno.
11. Os microrrelatos teñen que entregarse na biblioteca ou ao profesorado de linguas entre os días 19 e 30 de outubro, ambos incluídos, do ano 2020.
12. O fallo do xurado será na primeira semana de novembro, durante os recreos, momento no que se darán os premios aos participantes, e no que se procederá á lectura dos microrrelatos gañadores.
13. O/a autor/a gañador/a de cadansúa categoría recibirá un terrorífico agasallo.
Probas acceso ciclos formativos
Enviado por Gonzalo o Dom, 05/04/2020 - 10:30- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
