Información de interese
Probas de acceso ciclos formativos 2020
Enviado por Gonzalo o Mér, 05/02/2020 - 19:25Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.
Prazos de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
Calendario das probas de acceso.
Premios "desafío STEM: impresión 3D"
Enviado por Gonzalo o Mér, 04/12/2019 - 05:45O IES Monte Castelo acaba de recibir un premio de innovación educativa polo proxecto realizado co alumnado de 1º Bacharelato na materia de tecnoloxía industrial I.
O proxecto premiado é "PEZAS DE XADREZ", estas pezas foron deseñadas polo alumnado de 1º BAC do curso pasado (2018/2019) coa profesora de Tecnoloxía industrial I, Loli Rivero. Posteriormente foron dixitalizados e impresos na impresora 3D do centro.
Agradecemos tamén a colaboración do profesor de debuxo técnico I, Antonio Porto.
Con este proxecto optouse a categoría de STEM afondamento: desafío impresión 3D.
Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes
Enviado por Gonzalo o Lun, 02/09/2019 - 13:11Prazos de matrícula extraordinaria no Centro
Enviado por Gonzalo o Lun, 02/09/2019 - 08:09Matrícula de ensino ordinario:
- 1º e 2º ESO, xoves 5 de setembro de 16:15 h a 18:15 h.
- 3º e 4º ESO, xoves 5 de setembro de 9:15 h a 13:30 h.
- 1º e 2º BAC, venres 6 de setembro de 9:15h a 13:30 h.
Matrícula de adultos en horario de 9:15 h a 13:30 h.
- ESA dende o 3 de setembro ata o 13 de setembro.
- BAC adultos, dende o 10 de setembro ata o 24 de setembro.
Matrícula de ciclos formativos segundo os prazos que aparecen na web de FP da consellería de educación, universidade e formación profesional.
Periodo Extraordinario de Admisión Ciclos Formativos Grao Medio
Enviado por Gonzalo o Lun, 02/09/2019 - 05:03Para obter prazas en ciclos formativos neste periodo extraordinario debese seguir o seguinte procedemento:
Solicitude: do 2 ao 10 de setembro ás 13h
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web. Logo de realizada, a aplicación informática emite un impreso de solicitude e indícache se debes presentalo na secretaría dun centro de secundaria e qué documentación terás que achegar. Para realizar a solicitude web accede á aplicación en liña e ás instrucións.
- Listaxe provisional de solicitudes: día 12 de setembro (establécese un prazo de reclamacións do 12 ao 16 ás 13h)
- Listaxe definitiva de solicitudes: día 18 de setembro
- Listaxe da 2ª adxudicación: día 18 de setembro
Matrícula ou renuncia á praza: do 18 ao 20 de setembro
As persoas con prazas adxudicadas deberanse matricular no prazo abranquido desde o día 18 ao 20 de setembro ás 13h, para matricularte ou renunciar á praza co fin de seguir optando ás que solicitache con maior preferencia.
No portal de FP da Consellería de Educación podes consultar a información xeral sobre o proceso de admisión.
Ciclos Formativos de Formación Profesional
Enviado por Gonzalo o Mér, 17/07/2019 - 08:33Ciclos formativos de FP que se realizan no IES Monte Castelo. Burela.
Ciclos formativos de grado medio:
- Coidados Auxiliares de Enfermaría (CAE) M19001
Ciclos formativos de grado superior
- Saúde Ambiental S19002
- Ensinanza e Animación Sociodeportiva SAFD01
Admisión Ciclos formativos. Matrícula
Enviado por Gonzalo o Mér, 17/07/2019 - 07:36Publicadas as listaxes de ciclos con prazas vacantes liberadas.
Oferta de Ciclos Formativos do IES Monte Castelo
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 17 ás 9:00 horas ata o día 23 de xullo ás 13:00 horas. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.
Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.
Réxime ordinario
- Ciclos formativos de grao medio con prazas vacantes
- Ciclos formativos de grao superior con prazas vacantes
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial