Información Coronavirus

Matrícula libre do alumnado CUALE en EOI curso 2019-2020

O prazo orixinal foi do 3 ó 23 de marzo.


Nas novas instruccións podedes ler toda a información sobre como proceder agora:


http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2020.05.20._instrucions_fin_de_curso_eoi_2.pdf


Ademais podedes ver na sección "Sétima. Matrícula do alumnado dos cursos CALC e Cuale"

Sétima. Matrícula do alumnado dos cursos CALC e Cuale
Establecerase un novo prazo para a formalización da matrícula do alumnado dos cursos CALC, Cuale e cursos de formación do profesorado de  preparación das probas de certificación das EOI que non puidese formalizala no prazo establecido na Circular 1/2020, que quedou suspendido pola declaración do estado de alarma. Este prazo farase público nas páxinas web e taboleiros de anuncios das EOI coa antelación suficiente á realización  das probas.


Web da EOI de Viveiro http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideviveiro/

Adaptacións programacións didácticas

Acceso as modificacións das programacións para o 3º trimestre do curso 2019 / 2020, dos diferentes departamentos:

Acceso as modificacións das programacións para o 3º trimestre do curso 2019 / 2020, dos ciclos formativos de FP

CONVOCATORIA PROBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2020

Pola Orde do 20 de xaneiro de 2020 (DOG 7de febreirode 2020) convócanse probas de acceso a ciclos formativos para aquelas persoas que non posúan os requisitos académios  para acceder a un ciclo formativo.

E pola Resolución do 24 de maio de 2020 apróbase novo calendario para a realización das probas

Toda a información na web de FP: http://www.edu.xunta.es/fp/probas

Ligazón á aplicación informática para dar de alta unha solicitude: http://www.edu.xunta.es/fp/probas . Unha vez xerada a instancia, hai que imprimila e presentala nun centro que teña FP xunto coa documentación que se indique na instancia. En tanto non se efectúe este trámite, non estará feita a matrícula para as probas.

Tamén se pode presentar a solicitude a través  da sede electrónica:

Inscrición proba acceso a Ciclo Medio: Sede electrónica. Procedemento ED312C

Inscrición proba acceso a Ciclo Superior: Sede electrónica. Procedemento ED312D

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  •  Ciclos formativos de grado medio: O prazo de presentación de solicitudes será do 2 - 13 de marzo
  • Ciclos formativos de grado superior: O prazo de presentación de solicitudes será do 10 - 19 de febreiro.

NOVO CALENDARIO!!!

Horario de atención ao público para xestións administrativas

Horario de atención ao público para xestións administrativas de luns a venres de 10:00h a 13:30h

 

Instruccións de seguridade para o acceso ás instalacións en relación á protección por infección pola COVID-19

1. A porta das instalacións permanecerá pechada en todo momento.

2. Só se permitirá o acceso ás instalacións dunha persoa cada vez.

3. Cando remate e saia esa persoa entrará a seguinte por orde de chegada. Lémbrase ás persoas que agardan que deben respectar a distancia interpersoal de 2 metros.

4. Ao acceder ás instalacións a persoa:

  • Lavará as mans con xel hidroalcohólico
  • Poñerá luvas desbotables.
  • Poñera unha máscara desbotable.

5. Respectarase a distancia interpersoal en todo momento co persoal do centro.

6. Unha vez feitos os trámites, depositaranse á saída as luvas e as máscaras nas papeleiras destinadas a tal fin.

Tarefas CUALE (4/05/2020)

Envío a seguinte tanda de tarefas de CUALE. Teñen datas de entrega distintas debido ó calendario as súas clases.
As de A1 e A2 inclúen tarefas da última unidade do libro e logo os tests finais que teriamos feito en clase.
As de B1 e B1, rematado o traballo de libro, inclúen os test finais que teriamos feito en clase.
Coma sempre estes documentos xunto cos audios correspondentes e os documentos onde facer o test están en rar para descargar no http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/ a través de Dropbox. Se a alguén non lle abre ou non lle permite descargar, probar dende Firefox, outros poden non permitir descargar arquivos de Dropbox, polo visto. Unha vez feitas as tarefas poden enviar coma sempre os documentos de texto cubertos ó meu gmail. Tamén se teñen calquera dúbida.

Tarefas A1 19 de maio

Tarefas A2 20 de maio

Tarefas B1 18 de maio

Tarefas B2 13 de maio

 

RE-LATA. Día das letras galegas 2020

RE-LATA. Día das letras galegas 2020.

Para celebrar o Día das Letras Galegas. A Biblioteca do centro e o Equipo de Dinaminazión propoñemos a participación na primeira edición do Re-lata 2020.


A idea é crear vídeos nos que se conte unha historia en galego a partir de títulos de libros. No cartel e nas bases está toda a información.

Bases do concurso:

Crea a túa historia reutilizando títulos de libros que tes na casa

1) Selecciona aqueles títulos que che resulten mais suxestivos, orixinais, poéticos...

2) Conta a túa pequena historia en galego (se non atopas todos os títulos en galego, podes usalos tamén noutras linguas)

3) Grava a túa historia e envíanos o vídeo ao correo electrónico da biblioteca: biblioteca.iesmontecastelo@gmail.com

(O vídeo debe durar menos dun minuto)

4) O Día das Letras nomearemos aos gañadores e compartiremos todas as historias no blog da biblioteca e nas redes sociais do noso centro.

No blog da biblioteca podedes ver algún exemplo

Animádevos a participar tod@s!!!!

Data límite: 12 de maio

Bases.

Cartel

Día de E.F. na casa

Este martes 28 de abril é o Día da EF na rúa” (que este ano é “Día da EF na casa”), no cal participan centros educativos de toda España.
¿E qué vai facer o noso alumnado? Como sabedes os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 están suspendidos… ¡pero na Mariña Lucense non! Aquí tedes a proba…
https://view.genial.ly/5ea30c0a8cfd990d7d731df5/presentation-los-juegos-olimpicos-en-a-marina
Os alumnos/as participan nesta iniciativa mediante vídeos practicando un deporte que lles guste e sexa olímpico. Os máis maiores tamén participan nas redes sociais cos hashtag  #DEFC2020  #DEFR2020, practicando outras actividades físicas, retos físicos ou deportes dentro das súas casas.
Por outra banda, este día hai unha sesión especial de Educación Física na cal se pode sumar toda a familia. Publícase en aberto a través de YouTube Consejo COLEF, co seguinte horario:

  • Secundaria, ás 11:00 h
  • Bacharelato, ás 12:00 h

¡Animádevos a participar!

Servizos Dixitais Educativos

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos:

Dous sobre a aplicación para as familias abalarMóbil

 Un sobre o uso da ferramenta de e-portfolio e comunidades educativas dixitais Agueiro

 Tres sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado

 Un sobre o uso da mensaxería na comunicación coas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar

 Cinco sobre as funcionalidades básicas das Aulas Virtuais dos centros educativos:

 

Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia Webex, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.

 

Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta.

 

Conexión a internet gratuita

As persoas interesadas no wifi teñen que enviar un correo ao centro (ies.monte.castelo@edu.xunta.gal) ou un WhastApp ao móbil do instituto (667 47 15 47) indicando:

  • Nome e apelidos da persoa solicitante (nome e apelidos do fillo/filla e curso)
  • DNI
  • Dirección.
  • Teléfono de contacto.

 

Distribuir contido