Escolas Embaixadoras

CELEBRACIÓN DÍA DE EUROPA

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Reportaxe da celebración do DÍA DE EUROPA.
 
Como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, conmemoramos esta data cun completo acto central:
✔️ Recepción dos asistentes ó son de ritmos europeos , gran traballo de María Rivero desde o Departamento de Música 
✔️ Discurso conmemorativo, pola Dirección 
✔️ Somos europeos! Intervención do Eurodeputado Nicolás González Casares 
✔️ Visita guiada ó INFOPOINT- Escolar Embaixadora 
✔️ "Unha fiestra de Burela cara a Europa", discurso dos Embaixadores Junior de 1°Bac. Especial mención ás nosas alumnas ucraínas que nos demostraron un gran dominio do español 

 

CHARLA-COLOQUIO DE SOGAMA

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, comezamos a celebrar a Semana Europea da Prevención de Residuos, que se desenvolve do 19 ó 27 de novembro, cunha charla-obradoiro da man de @sogamaxunta para seguir avanzando no camiño da sostibilidade.

 

 

 

ERASMUS+360º

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O venres 14 de outubro no IES Monte Castelo participamos nos #ErasmusDays celebrando unha xornada de difusión cos nosos compañeiros da Asociación Saúde Mental A Mariña. A súa Xerente e Directora Técnica Xeral, María José Nóvoa Rodríguez, participou como convidada experta na mobilidade para Persoas Adultas que, por primeira vez, tivemos neste curso co proxecto "Segunda Oportunidade".

Nesta agradable tarde, na que contamos con representantes da administración e dos cidadáns, de asociacións colaboradoras como Cruz Roja Burela, Fundación Eu Son, Asociación Camiña; membros do Consello Escolar e o Claustro, alumnos e familias, puidemos comunicar os resultados desta mobilidade, compartir as experiencias vividas tamén a través do job shadowing, valorar as posibles opción de continuidade que se establecen para este proxecto e, incluso, pechar a xornada cunha charla informal acompañada dunha deliciosa degustación de produtos gourmet preparados para a ocasión pola chef da Unidade Residencial de Cervo, Lola Rouco.

Nesta xuntanza non só reafirmamos o noso compromiso de colaboración interinstitucional orientado a eliminar as barreiras que separan á escola da sociedade, senón que establecimos novas vías para que a integración e inclusión continúen sendo os piares fundamentais da nosa loita efectiva pola igualdade de oportunidades.

 

 ENLACE AL VÍDEO DEL EVENTO

 

 

ENLACE AO VIDEO "JOB SHADOWING" 

 

 

 

SOMOS ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

 

Distribuir contido