Escolares

Proxecto Mocidade Online

PROXECTO MOCIDADE ONLINE

O IES Monte Castelo participa no Proxecto Mocidade Online na obtención de datos sobre o uso de internet do noso alumnado.

O proxecto pretende dar a coñecer o uso de internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia a través dunha enquisa que se realizará desde a páxina web creada ao efecto:https://www.edu.xunta.es/proxectomocidadeonline/

Esta iniciativa está coordinada polos seguintes organismos: Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria (CCOU), Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Universidade de Compostela (USC) e Valedor do Pobo.

-Do 30 de abril ao  9 de maio debese xerar, dende a aplicación Xade, a listaxe coas claves de acceso para todo o alumnado de secundaria do seu centro.

-Do 13 de maio ao 30 de maio o alumando de secundaria do seu centro, empregando as claves obtidas no paso anterior, deberá completar o cuestionario,  a través do seguinte enderezo web: www.edu.xunta.es/proxectomocidadeonline

Cada alumno/a introduce o seu contrasinal, persoal e intransferible. É obrigatorio que todo o alumnado resposte a todas as preguntas. Unha vez rematada a recollidad de datos, será a USC que elaborará o estudo sobre a realidade galega dos centros educativos.

 

 

 

 

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Día da Ciencia en Galego

Con motivo da celebración do 11 Día da Ciencia en Galego, o pasado venres 4 de novembro o noso centro participou nunha videoconferencia vía web (con chat incluído para poder realizar cuestións), impartida por Ángel Carracedo, e que tivo por título: “Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial”.

Ángel Carracedo Álvarez é, probablemente, o científico que traballa en Galicia de maior proxección internacional. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago e doutor en Medicina pola mesma institución, creou un grupo que se convirteu no líder mundial en xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Foi pioneiro na introdución de novas tecnoloxías para a identificación forense mediante a xenética molecular, técnicas que se implantaron de forma rutinaria nos laboratorios de todo o mundo, xunto aos seus colaboradores, en casos famosos como o crime de Alcáser, o 11-M ou a identificación das víctimas do tsunami do sureste de Asia, entre moitos outros.

Con esta actividade pretendíase que o alumnado aprendese ciencia sen ningún tipo de prexuízos, nin sobre a ciencia, nin sobre as posibilidades de aprendizaxe da ciencia en calquera idioma. Os colectivos convocantes quixeron expresar deste xeito que as linguas, neste caso o galego, se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, a pesar de que a Consellería de Educación a excluíse como lingua vehicular de diferentes materias destes ámbitos coa aplicación do Decreto para o Plurilingüísmo.

A muller traballadora

A MULLER TRABALLADORA

Exposición Mulleres Silenciadas

Exposición "achégate"

Conferencia: "A muller no ámbito deportivo"

Distribuir contido