Escolares

CONCERTO PRESENTACIÓN DA BANDA DE ROCK-MADE ON MARS

A banda de rock "MADE ON MARS", formada íntegramente por alumnado do noso insti, fixo un concerto para celebrar o fin de curso.

Jose de mate botou unha man á guitarra.

 

 

 

XUÑO TECNOLÓXICO

O alumnado de Tecnoloxía dos diferentes grupos puideron expoñer os seus proxectos tanto no hall do instituto coma na aula taller.

Foron pasando durante dous días alumnado de diferentes grupos.

 

                                   

LECTURA DE POEMAS DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

O venres 20 de Maio léronse poemas de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

 

Onte celebramos un pequeno acto para homenaxear ao noso alumnado de 2º de Bacharelato que remata a súa etapa escolar no noso centro. 

 

 

As matrículas de honra foron para Alba Geada e Sabela Fdez. Os titores fixéronlles entrega dun diploma.

 

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Traballando na clase de Plástica os Poliedros

Enlace ao video da actividade desenvolvida polo alumnado de 4º ESO na clase da profesora Sonia Prado.

 

Obradoiro de Colares

Esta semana comezamos a celebrar as Letras Galegas cunha primeira iniciativa, un obradoiro de colares durante os recreos da ESO e de BAC.

A iniciativa foi levada a cabo polo EDLG, encabezado pola profesora e coordinadora do equipo Mónica Pazos.

 

CHARLA-CONCERTO DE UGIA PEDREIRA

Tivemos o inmenso pracer de contar coa visita da compositora e cantora Ugia Pedreira co alumnado de 1º de Bacharelato.

Vai unha mostra fotográfica do evento.

 

 

 

 

 

 

 

 

CHARLA NAVEGA CON RUMBO

O alumnado de 2°ESO participou no programa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, NAVEGA CON RUMBO.
Da man de Iván, membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, coñecimos que se entende por sociedade dixital, os perigos da Internet e algunhas recomendacións para usar as redes de xeito seguro.
 

 

Distribuir contido