Escolares

STOP ACCIDENTES

Diferentes grupos tiveron charlas impartidas por educadoras e psicólogas de STOP ACCIDENTES durante a xornada.

 

RELEVO 2

O venres tivemos unha charla sobre turismo e deportes naúticos, organizada polos colectivos que conforman a iniciativa RELEVO 2, para fomentar nas novas xeracións as actividades que teñen que ver co mar.

 

 

JUST DANCE

Vaia final de trimestre con esta actividade de JUST DANCE!!. Noraboa a todos os gañadores e dar as grazas aos participantes, organizadores, con Benxa ao fronte de todo e aos patrocinadores.

 

Últimas actividades

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A DISCRIMINACIÓN RACIAL

SE QUERES, PODES! Obradoiro de motivación destinado a 1° e 2° ESO e impartido por Paula Horta, referente feminino para todo o noso alumnado ó que anima a non abandoar os seus estudos e a loitar sempre polos seus soños. Foi todo un pracer para a comunidade do IES Monte Castelo compartir este Día Internacional contra a Discrimación Racial cunha muller que derruba prexuízos, falsas crenzas e límites aló por onde pasa
    
 
 
 

 

DÍA DA ÁRBORE

Os alumnos de 4°ESO, Ruth, Elsa e Estevão leron a "Letanía de Galicia", composición do poeta do Courel, Uxío Novoneyra, mentres Adrián e Kevin plantaban a árbore escollida para a ocasión.
A profesora Teresa Nécega encargouse de toda a loxística do acto e un gran número de alumnado involucrouse activamente no acto.
 
 

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA CON PABLO TRABADELO

Pablo Trabadelo estivo no noso centro para presentarnos dous dos seus últimos proxectos poéticos: Navalla, no que realidade, percepción, memoria e cordura se mesturan nun fío poético-narrativo, e Jaloffeim, un conxunto de odas ou cantos ós sinxelos elementos da vida cotiá.

 

ENTREGA PREMIO I VOLTA DA LIGA DE CONVIVENCIA CURSO 21-22

No recreo da ESO, tivo lugar a cerimonia da proclamación dos gañadores da I volta da Liga de Convivencia 21/22.
Os vencedores foron os alumnos e alumnas de 3°ESO A, que gozarán duns minutos de recreo extra e dunha merenda 
O diploma foi entregado polo Dinamizador da Convivencia, o profesor Jose Ángel García, que estivo acompañado na entrega polo titor de 3°ESO A, Mario Cuevas, e a Directora, Carmen Castelao.
 
 
 

 

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 8M

 

ACTOS CONMEMORATIVOS 8M


Exposición interactivaAs mulleres teñen a palabrapor todo o centro, organizada pola biblioteca e o seu grupo de voluntarios. A través da cartelería con diversos códigos QR preténdese visibilizar o laborde mulleres destacadas en diversos eidos.


Sección especiallecturas feministasna biblioteca.


11:00 horas: CharlaSe queres, podesporRaquel Hermida Manzanequeco alumnado de2º Bacharelato que cursa Psicoloxía e CTMA.Terá lugar na aula de referencia.


RECREOS(mesmas actividades nos dous recreos):


-Obradoiro de pulseiras feministas:o alumnado disporá de lazos de cor violeta para facer pulseiras nas que poderá escribir o seulema feminista.


Entre aquel alumnado que a suba a Instagram ata as dúas da tarde co hashtag #8Montecastelo sortearase unha merenda para o recreo.


-Nos5 últimos minutos de recreolerase un pequeno manifesto, que se pechará co berro do noso lema:NIN MÁIS, NIN MENOS: IGUALDADE DESDE NENOS.


13:00 horas: encontroUnhaollada á muller deportista profesional, a cargo da
xogadora do Burela FS Pescados Rubén,Jozi de Oliveira, e dasegunda adestradora, Cely Gallardo, conalumnado de 2º ESO A e de 4º ESO-TIC-na aula de usos
múltiples.

 

FOTIÑOS DOS ACTOS

Charla de Raquel Hermida

Charla de mulleres deportistas Burela FS Pescados Rubén,Jozi de Oliveira, e dasegunda adestradora, Cely Gallardo

Distribuir contido