Secretaría
Cita Secretaría
Enviado por Gonzalo o Mar, 21/07/2020 - 09:23MATRÍCULA ABAU PARA OS ALUMNOS QUE APROBAN 2º Bac en XUÑO 2020
Enviado por Secretaria o Ven, 05/06/2020 - 05:22
CURSO 2019/20
Alumnos bacharelato
Os alumnos de 2º de bacharelato que aproben todas as materias en xuño, antes de matricularse para a ABAU teñen que facer o depósito para o TÍTULO DE BACHARELATO.
Documentación necesaria:
· Fotocopia DNI
· Recoller na secretaría do centro un impreso para pagar nunha entidade bancaria a seguinte cantidade:
Ordinaria: 52,94 euros
Familia Numerosa: Categoría xeral: 26,50 € - Categoría especial: 0 € (TRAER FOTOCOPIA CARTILLA Fª Nª. actualizada).
Tamén se pode realizar o pago telemático dende a web de Axencia Tributaria de Galicia:
Ou descargar o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas para pagar nunha entidade bancaria
Os códigos para cumplimentar o impreso son os seguintes:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ................. Código: 07
Delegación de Servizos Centrais .......................................................... Código: 13
Servizo de Ensino Medio ..................................................................... Código: 03
Taxa: denominación: Expedición de Títulos Académicos e Profesionais correspondentes as
ensinanzas establecidas pola LOE ....................................................... Código: 302003
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para matricularse na ABAU os aprobados en xuño 2020 (Avaliación de Bacharelato para o Acceso a Universidade):
Matrícula: 10, 11 e 12 de xuño (horario 9:30 a 13:30)
Lugar: Secretaría do centro.
Documentación necesaria:
· Resgardo acreditativo de ter efectuado o depósito do título de bacharelato.
· Cubrir impreso de matrícula da ABAU, que facilita o centro ou que se atopa nun arquivo adxunto.
· Impreso de prematrícula que lle será entregado por parte de secretaría para que o alumnado comprobe os seus datos persoais e académicos. Logo da súa comprobación, o alumno/a debe entregalo asinado xunto co resto da documentación no momento de matrícula na ABAU (comprobar tlfno. móbil e e-mail e comunicar os erros en secretaria)
· Recoller na secretaría do centro ou cubrir o impreso de taxas da ABAU para pagar na entidade bancaria elexida a seguinte cantidade:
- Matrícula ordinaria: 63,67 euros
- Familia Numerosa 1ª - 2ª Categoría Xeral: 31,84 euros (Traer fotocopia da cartilla de Fª Nª. actualizada)
- Familia Numerosa Honra-Especial: GRATUITA (Traer fotocopia da cartilla de Fª Nª actualizada)
- Persoal das Universidades do SUG (*): GRATUITA
(*) Serán beneficiarios de matrícula gratuíta o persoal docente e de administración e servicios, así como o seu cónxuxe e fillos, das Universidades do SUG . A gratuidade deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos servicios de persoal e por medio da Fotocopia do libro de familia.
- Persoas con discapacidade ≥ 33%, victimas actos terroristas ou victimas de violencia de xénero: GRATUITA. Acreditarase mediante resolución administrativa.
Información sobre a ABAU e acceso a universidade: http://ciug.cesga.es
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR NA ESO PARA O CURSO 2020/21
Enviado por Secretaria o Mér, 20/05/2020 - 07:24Fondo solidario libros de texto/axudas material escolar. 2020/21
(Orde do 12 de maio de 2020). DOG do 19/05/2020.
Destinatarios:
1º.- Fondo solidario de libros de texto: alumnado que se matricule en 3º ou 4º da ESO o vindeiro curso 2020/21. Renda per cápita igual ou inferior a 6000 €: 6 libros. Renda per cápita de 6000 € a 10000 €: 4 libros. Rendas superiores a 10000 € terán dereito só si hai dispoñibilidade de libros no centro. Os alumnos de 1º e 2º de ESO terán libro electrónico.
2º.-Axudas para a adquisición de material escolar: alumnado que se matricule en calquera curso de ESO con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €
A renda per cápita calcúlase sumando os recadros 435 e 460 da declaración da renda do ano 2018 e o resultado dividilo entre o número de membros da unidade familiar.
Requisitos:
Devolver os libros de texto prestados polo centro para o curso 2019/20. A devolución debe facela o pai/nai/titor do alumno/a que firmou o préstamo dos libros de texto a principio do curso 2019/20
Lugar e prazo de presentación da solicitude: A través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou na secretaría do centro ata o 19 de xuño de 2020, en horario de 9:30 a 13:30 horas.
A solicitude será única para todos os fillos que estean matriculados na ESO no noso centro para o curso 2020/21. Poderá presentarse por dúas vías:
- Por vía electrónica, a través da sede electrónica: Procedemento ED330B (premer aquí)
- Presencialmente no centro: Para descargar o impreso (Anexos I e II) premer no seguinte enlace da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) .
Tamén se poden recoller os impresos na Conserxería do centro.
Documentos que deben acompañar coa solicitude:
CANDO AUTORICE TODAS AS CONSULTAS TELEMÁTICAS:
- Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a data 31/12/2018. Si non coincidira deberán presentar:
- Sentenza xudicial de separación/divorcio ou convenio regulador.
- Certificado de convivencia (na que consten todos os membros da unidade familiar a 31-12-2018)
- Informe dos servizos sociais
- Certificado de falecemento
CANDO NON AUTORICE NINGUNHA CONSULTA TELEMÁTICA:
- Identidade: copia do DNI ou NIE de todos os membros computables da unidade familiar
- Grao de discapacidade emitido polo órgano competente da condición de perceptor de pensión da Seguridade Social
- Renda Familiar: copia da declaración ou certificado tributario do ano 2018
- Violencia de Xénero: Calquera das formas prevista no artigo 5 da lei 11/2007 de 27 de xullo
- Incapacidade Xudicial (A correspondente resolución)
- Tutela outorgada da Xunta de Galicia (Resolución xustificativa ou carta do centro de menores).
CONVOCATORIA PROBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2021
Enviado por Secretaria o Dom, 10/05/2020 - 05:00Pola Orde do 21 de xaneiro de 2021 (DOG 9 de febreirode 2021) convócanse probas de acceso a ciclos formativos para aquelas persoas que non posúan os requisitos académios para acceder a un ciclo formativo.
Toda a información na web de FP: http://www.edu.xunta.es/fp/probas
Ligazón á aplicación informática para dar de alta unha solicitude: http://www.edu.xunta.es/fp/probas . Unha vez xerada a instancia, hai que imprimila e presentala nun centro que teña FP xunto coa documentación que se indique na instancia. En tanto non se efectúe este trámite, non estará feita a matrícula para as probas.
Tamén se pode presentar a solicitude a través da sede electrónica:
Inscrición proba acceso a Ciclo Medio: Sede electrónica. Procedemento ED312C
Inscrición proba acceso a Ciclo Superior: Sede electrónica. Procedemento ED312D
Prazo de inscrición nas probas de acceso:
- Ciclos formativos de grado medio: O prazo de presentación de solicitudes será do 15 - 26 de marzo
- Ciclos formativos de grado superior: O prazo de presentación de solicitudes será do 18 de febreiro- 3 de marzo.
Atención administrativa
Enviado por Gonzalo o Ven, 13/03/2020 - 08:56As dependencias de atención administrativa estarán pechadas a partir do luns 16 de marzo, pero para poder atender as posibles urxencias, rógase soliciten por anticipado cita a traves do seguinte número de teléfono 667 471 547 ou ben a través do correo do centro ies.monte.castelo@edu.xunta.es.
Atenderánse unicamente os caso urxentes.
Horario de atención telefónica: 10:00 - 13:00
Moitas grazas e desculpen as molestias.
ADMISIÓN ALUMNADO ESO - BACHARELATO PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por Secretaria o Lun, 10/02/2020 - 04:50Admisión e matriculación de alumnado para o curso 2021-2022
- O alumnado que solicite praza no IES Monte Castelo para cursar ESO ou Bacharelato presentará o impreso de admisión a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou de forma presencial na Secretaría do centro utilizando o formulario normalizado de solicitude (Formulario ED550B), que se publica como anexo II da presente Orde do 12 de marzo de 2013, modificada Orde do 18 de decembro de 2020.
- Tamén se poderá presentar a solicitude a través da Sede electrónica
- O prazo de presentación será do 1 ó 22 de marzo do 2021.
- Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Mais información na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Documentación a presentar xunto coa solicitude:
- Copia DNI do alumno para o que se solicita praza
- Certificado de matrícula do curso actual (2020-2021)
- Certificado de notas de 3º de ESO (só para os alumnos que soliciten praza para 1º de Bacharelato)
- En caso de separación dos pais deben asinar a solicitude os dous proxenitores e acompañar copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Todos os datos persoais da solicitude deben coincidir exactamente cos que aparecen nos documentos de identificación (DNI, NIE, Pasaporte)
No anexo II bis debe reflexarse e asinar todos os membros da unidade familiar. No caso dos menores de idade asinaran o pai, nai ou titor/a.
Consultar prazas vacantes no centro para o curso 2021 - 22 ESO e Bacharelato.
Calendario do proceso de admisión:
Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición | Do 11 de xaneiro ó 8 de febreiro |
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate | 26 de febreiro |
Publicación de postos vacantes | Antes do 1 de marzo |
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou estudos superiores |
Do 1 ó 22 de marzo |
Presentación da documentación acreditativadas criterios do baremo (se o número de solicitudes é superior o número de prazas ofertadas |
A partir do 25 de marzo (10 días hábiles) |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | Antes do 25 de abril |
Reclamacións: Realizaranse ante o Consello Escolar |
5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais |
Publicación das listaxes definitivas | Antes do 15 de maio |
En caso de solicitar praza en datas posteriores ó prazo fixado, enviaranse ó Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade |
Letras para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión:
Primeiro apelido: "W" e "S"
Segundo apelido: "B" e "F"
PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN SECUNDARIA. 2020
Enviado por Secretaria o Mér, 29/01/2020 - 06:00Probas libres para a obtención do Título de Graduado en ESO 2020
Toda a información na sede electrónica da Xunta:https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=540A&procedemento=ED540A
e na páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.es
Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.
Os prazos de matrícula son:
-Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos incluídos
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
Na provincia de Lugo presentarase en :
– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n. 27003 Lugo Tfno: 982 828106
Realización das probas:
7 de setembro de 2020
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde
Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.
-A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.
-Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
-Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de: Lingua galega e literatura ,Lingua Castelá e Literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés)
Existen materiais dispoñibles (temario) na páxina web da Consellería http://www.edu.xunta.es/web/node/3393
Exames de convocatorias anteriores: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238
PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO MAIORES DE 20 ANOS. 2020
Enviado por Secretaria o Xov, 31/01/2019 - 05:30Probas libres para a obtención do Título de Bacharel para maiores de 20 anos. 2020
Convocadas as probas libres para a obtención do Título de Bacharel para maiores de vinte anos no ano 2020. DOG nº 24 do 20 de xaneiro de 2020.
Toda a información na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es
e na páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.es
- O prazo de presentación de solicitudes para realizar estas probas será do 27 de febreiro ao 12 de marzo de 2020.
Lugar para realizar a inscrición, na provincia de Lugo:
Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo. Tfno: 982 828106
- As probas terán lugar o día 3 de setembro de 2020 para o alumnado de toda Galicia no IES San Clemente de Santiago de Compostela en sesións de mañá e tarde. Resolución do 3 de xuño de 2020
A proba constará de dous exercicios:
-Primeiro exercicio, de materias comúns
Lingua galega e literatura/ Lingua castelá e literatura/ Lingua estranxeira/ Historia de España/ Filosofía.
-O segundo exercicio diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade
- Materia troncal xeral propia da modalidade elexida:
- Matemáticas I e II na modalidade de Ciencias
- Latín I e II na modalidade de Humanidades
- Matemáticas aplicadas as Ciencias Sociais I e II na modalidade de Ciencias Sociais
- Duas materias das troncais de opción da modalidade elixida.
Máis información e exames de anos anteriores no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238
