Xeografía e Historia
CONVERSAS DE ACTUALIDADE CO XUÍZ VÁZQUEZ TAÍN
Enviado por loli o Ven, 16/06/2023 - 08:43----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O Departamento de Xeografía e Historia organizou un encontro co Xuíz Vázquez Taín na Casa de Cultura de Burela aberta a toda a comunidade educativa da contorna. |
VIAXE Á PROVINCIA DE OURENSE
Enviado por loli o Mar, 14/03/2023 - 07:58--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e de Bioloxía e Xeoloxía visitaron varios sitios emblemáticos de Vilanova dos Infantes, Allariz e Celanova.
Tamén visitaron o Pazo de Fontefiz, que é o centro de recursos zooxenéticos de Galicia, ubicado no Concello de Coles, que alberga a maior explotación de gando vacún da provincia,
sendo o principal referente en canto a recuperación, conservación e promoción de razas autóctonas.
Esta viaxe educativa foi organizada polos Departamentos de Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía.
ENCONTRO "DIVULGANDO RESISTENCIAS"
Enviado por loli o Ven, 11/11/2022 - 05:12-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
VIDEO DA VISITA DO CONDE DE FONTAO
Enviado por loli o Mar, 08/11/2022 - 04:46----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ARTIGO DE HERMINIA PERNAS-COORDINADORA DA VISITA
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
Enviado por Herminia o Lun, 18/05/2020 - 21:44ESO + ESA + BAC
RESUMO PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2019-20
Enviado por Herminia o Mér, 02/10/2019 - 20:12ESO + ESA + BAC
Visita ó Parlamento de Galicia 2016
Enviado por Anónimo o Mér, 20/04/2016 - 06:23Visita ó Parlamento de Galicia no curso 2016/17
Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de Antropoloxía visitou o venres 15 de abril o Parlamento de Galicia acompañados polos profesores Herminia Pernas, Mª Carmen Fernández e Marcelino Luna. Alí foron recibidos polo secretario da cámara José Manuel Balseiro e por Antonio Basanta Fernández, actual xefe de gabinete da Consellería do Mar e exalumno do instituto burelense.
O alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento da Cámara e visitou estancias tan representativas como o Salón de Plenos e a Sala dos Reis, onde toman posesión oficial do seu cargo todos cargos institucionais nomeados polo Parlamento, entre eles, o Presidente da Xunta de Galicia.
Rematada a visita o alumnado realizou un rueiro pola zona vella da cidade de Santiago de Compostela e a posterior visita á Cidade da Cultura.
Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Sociais,Xeografía e Historia.
A noticia aparece recollida na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2016/04/16/ies-monte-castelo-parlamento/0003_201604X16C7991.htm
Visita ao Parlamento
Enviado por Anónimo o Lun, 13/04/2015 - 05:32Visita ao Parlamento 2015
Venres 10 de abril de 2015- Alumnos de 4º ESO e 1º BAC de Antropoloxía visitaron o Parlamento Galego acompañados da profesora de Historia Herminia Pernas e do director do centro Marcelino Luna.Foron recibidos polo Secretario da Cámara galega, o tamén mariñán Jose Manuel Balseiro, e polos deputados da comarca Vidal Martínez Sierra (PPdeG) e Jose Ramón Val Alonso (PSdeG).
Dentro desta visita cultural a Santiago tamén participaron nun rueiro pola zona vella da cidade, visitaron o Consello da Cultura de Galega e a Cidade da Cultura .
Esta actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia.